Encontro

A Voz das persoas refuxiadas

Fadile Tibisay Chami – Relator
Ahmad Matar – Relaor
Xurxo Souto – Modera y Presenta

Mesa Redonda onde as persoas refuxiadas son as protagonistas. Fadile Tibisay Chami, siria activista polos dereitos humanos das mulleres e refuxiados, Ahmad Matar refuxiado sirio. Presenta Xurxo Souto, músico e escritor.

Fadile fálanos de como era a súa vida en Siria: como son as eleccións, cal é o rol da muller en Siria, como se perpetúa o réxime a través do fillo do presidente, como foi a primavera árabe en Siria, a chegada do ISIS e o Daesh a Siria (2012), como se compoñen as súas forzas, a chegada dos Americanos, os Rusos, os chineses e os Europeos e os seus intereses xeopolíticos…. Liberación do pobo sirio ou invasión real?

Ahmad fálanos de Islamofobia, as diferenzas entre os grupos terroristas e as persoas musulmás e esta repercusión nos medios de comunicación… Non hai relixión se se mata a outras persoas, a burocracia na tramitación dunha petición de asilo, como experimenta unha persoa refuxiada que está a solicitar asilo no noso país o ver pancartas que expresan o lema “Benvidos Refuxiados” nos edificios e a real maquinaria burocrática e política que non o están favorecendo. Como se pode ter dignidade e alegría durante a estancia nun campo de Refuxiados en Grecia e cal é a súa experiencia de acollida na Coruña.

18 de Xuño de 2017