Prologo - VI Encuentro ACAMPA 2022: Fame e Refuxio
“Coñecemos a fame, estamos afeitos á fame: sentimos fame dúas, tres veces ao día. Non hai nada máis frecuente, máis constante, máis presente nas nosas vidas que a fame —e, ao mesmo tempo, para a maioría de nós, nada máis lonxe que a fame verdadeira”
“Nada influíu máis na historia da humanidade. Ningunha enfermidade, ningunha guerra matou máis xente. Aínda, ningunha praga é tan letal e, ao mesmo tempo, tan evitable como a fame”
Pasaxes do libro A Fame de Martín Caparrós
Aproximadamente 811 millóns de persoas en todo o mundo sufriron fame no 2020, 161 millóns máis que o ano anterior, o que afasta o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible ( ODS) de acabar coa fame para 2030, segundo o último Informe anual sobre o Estado da Seguridade Alimentaria e a Nutrición no mundo. Esas cifras son desacougantes. Pero hai máis. Nese mesmo exercicio, por exemplo, 2.370 millóns de persoas non tiveron acceso a comida decente.
Segundo diversas fontes e informes, a día 15 de marzo de 2022 a poboación mundial alcanzou os 7.993 millóns de persoas. A FAO, nos seus informes, asegura que producimos alimentos para 12.000 millóns. A combinación de ambas as cifras leva a unha conclusión tan obvia como sorprendente: neste planeta hai riqueza e recursos suficientes para que ninguén quede atrás e para que ninguén morra de fame.
Quizais chegou o momento de forzar o cambio nas formas de produción e de consumo. Non podemos seguir emitindo gases de efecto invernadoiro e non podemos esperar a que as “Cumes -pantomima- do Clima” adopten compromisos que nacen mortos. O cambio nunca sucederá sen a presión da cidadanía, é dicir, sen o protagonismo responsable dos consumidores. Porque, todos sabémolo: as consecuencias do cambio climático son o maior perigo para a seguridade alimentaria no mundo.
Non podemos aceptar que aumente a fame mentres se desperdician máis de 1.000 millóns de toneladas de alimentos cada ano. Ou mentres máis de 2.000 millóns de homes, mulleres e nenos sofren sobrepeso ou obesidade por ter que alimentarse con comida pouco saudable, aumentando así o perigo de enfermidade e morte.
Con estes datos as preguntas parecen obvias: que facemos mal? que nos está pasando? Por que non somos capaces de erradicar a fame, a pobreza e a desigualdade?
Os que non pasamos fame asumimos como inevitables a desigualdade e a pobreza. Normalizámolas. Estamos tan afeitos á visualización do horror, aínda que ocorra preto de nós, que xa non nos mobiliza. A sobre-exposición tan excesiva ás imaxes, á información e –por riba diso- á desinformación, abócanos a un pernicioso efecto: a incapacidade de distinguir a realidade da ficción.
E ese é, precisamente, o campo de actuación do Movemento Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio, a razón de ser desta rede. Convocámonos para reflexionar, para entender, para buscar solucións, ou ao menos, para facernos as preguntas pertinentes aínda que non sempre alcancemos as respostas. Ou cando o que ouvimos non nos guste. E facémolo escoitando a aqueles que traballan a pé de terreo, ou aos que miran eses escenarios incómodos para descodificarlos e para obrigarnos a ver a realidade descarnada que sempre está máis preto do que pensamos. En Acampa cremos que a cidadanía ten a capacidade e os resortes para o cambio. Que a sociedade no seu conxunto é a única capaz de corrixir esta deriva mortal da especie fronte aos Estados e o capitalismo ao que estes se someten. Seguramente xa non hai marxe para pensar e teorizar en que futuro queremos ter. Pero non é tarde, aínda non, para ter futuro.
Acampa 2022.
Exposicións Virtuais
Acampa 2022 – “Fame e Refuxio”.
Guerra e fame
Sen refuxio para a fame
(Oxfan Intermón)
Ata que o millo volva crecer
Lys Arango
Brasil, país da fame
Rodrigo Zaim
A terra seca
Javier Teniente
Globesity
A memoria do esquecemento
(Médicos Sin Fronteras)
É unha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucións e empresas con responsabilidade social.
Ten como obxectivo a defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio. Promove a participación e a implicación.
Abre un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente. Profunda nas causas dos acontecementos, para contrastar a información.
Acampa 2021
del 9 al 11 de setembro de 2021
Acampa 2020
do 12 de novembro ao 14 de decembro de 2020
Acampa 2018
A Coruña,
do 14 a o 16 de Xuño do 2018
Acampa 2019
A Coruña,
do 20 a o 22 de Xuño de 2019
Acampa 2017
A Coruña,
do 15 a o 18 de Xuño de 2017