Programa Acampa 2022
Pola paz e o dereito a refuxioExposicións 2022
09xunTodo o día07xulPablo Tosco (Oxfam Intermón)Sen refuxio para a fame(Todo o día)
Detalles do evento
Sen refuxio para a fame Dariya, Aisha, Yagana e Fatoumata fuxiron da violencia inflixida por Boko Haram ao entrar nas súas comunidades. Foron testemuñas do asasinato dos seus homes, do recrutamento
Detalles do evento
Sen refuxio para a fame
Dariya, Aisha, Yagana e Fatoumata fuxiron da violencia inflixida por Boko Haram ao entrar nas súas comunidades. Foron testemuñas do asasinato dos seus homes, do recrutamento forzoso dos seus fillos e do secuestro das súas fillas. Na fuxida atravesaron desertos e fronteiras, deixando atrás os seus fogares e medios de vida, que xa eran escasos.
No 2014, Abubakar Sheku, líder de Boko Haram, inicia o seu legado de barbarie co secuestro de 200 nenas nunha escola da localidade de Chibock, que se suman ás máis de 3000 secuestradas desde 2014, recrutadas como escravas sexuais, vendidas e obrigadas a casar. Pero é só unha das múltiplas operacións da súa cruel e salvaxe acción na rexión do lago Chad.
A cunca do lago Chad comprende catro países: Camerún, Nixeria, Níxer e Chad. É o escenario dos enfrontamentos entre Boko Haram e as forzas militares desde hai anos. E no medio deste conflito, coma en todas as guerras, a principal vítima é a poboación civil.
A violencia deste e outros grupos xihadistas afíns desatou unha crise humanitaria de dimensións extremas e forzou o desprazamento duns 2,5 millóns de persoas en toda a rexión.
Segundo o Proxecto de Datos de Eventos e Localización de Conflitos Armados (ACLED), máis de 37 500 persoas morreron no conflito ata o 31 de xullo de 2020.
Diferentes organizacións humanitarias calculan que máis de dez millóns de persoas necesitan protección vital e axuda humanitaria.
Ao desprazamento forzoso, as violacións e secuestros, os asasinatos e atentados súmanse a fame, a outra ferida desta guerra.
Algunhas das persoas desprazadas encontraron refuxio en comunidades que xa afrontaban desafíos de supervivencia, exercendo máis presión sobre os escasos recursos locais, pero a maioría quedaron varadas no medio do deserto sen auga e sen comida. Sen refuxio para a fame.
Máis
Autor
Pablo Tosco
(Oxfam Intermón)
Este foto-vídeo xornalista arxentino focalizou o seu traballo no impacto dos conflitos armados, a crise climática e a desigualdade na vida das persoas máis vulnerables; as historias silenciadas desas persoas evidencian as desigualdades e inxustizas e aspiran a xerar coñecemento para a transformación social.
Entre 2004 e 2021 coordinou a unidade de produción de contidos multimedia de Oxfam Intermón, documentando e recollendo testemuños sobre proxectos de cooperación, desenvolvemento e acción humanitaria en África, América Latina e Asia.
É membro fundador do colectivo de xornalismo narrativo Angular, integrado por profesionais do xornalismo e do sector audiovisual, especializados no desenvolvemento de proxectos documentais multiplataforma con enfoques para a transformación e o impacto social.
Documentou, entre outros, proxectos educativos e de construción de paz en Angola; a vida cotiá nos campamentos de persoas refuxiadas e desprazadas internas na República Centroafricana, Iemen, Siria, Chad, Sudán do Sur, Nixeria, Burundi, Xordania, Líbano e Iraq; proxectos de apoderamento de mulleres en Marrocos e Uganda; o traballo das asociacións de campesiñas contra as violencias de xénero en Nicaragua, Colombia e Guatemala; as vítimas do terremoto de Haití, Filipinas, Nepal e Ecuador; o impacto da seca e a crise alimentaria en Tanzania, Etiopía, Somalilandia, Mauritania, Burkina Faso e as rutas migratorias de Oriente Medio, África Subsahariana e do Magreb cara a Europa.
O seu traballo sobre o conflito no Iemen para Oxfam foi galardoado co primeiro premio World Press Photo 2021 na categoría de ‘Temas Contemporáneos’ e os documentais District Zero e Harmonies for after war foron seleccionados e premiados en festivais internacionais de cine.
Hora
Xuño 9 (Xoves) - Xullo 7 (Xoves)
Localización
Xardíns de Méndez Núñez
09xunTodo o día07xulRodrigo ZaimBrasil, país da fame(Todo o día)
Detalles do evento
Brasil, país da fame é unha obra que comezou nos primeiros días da pandemia de covid-19 na cidade de São Paulo, retratando inicialmente o desperdicio de alimentos que ocorre nos mercados
Detalles do evento
Brasil, país da fame
é unha obra que comezou nos primeiros días da pandemia de covid-19 na cidade de São Paulo, retratando inicialmente o desperdicio de alimentos que ocorre nos mercados de rúa da cidade.
Co avance da pandemia no país, a desigualdade social só aumentou, provocando que as persoas perderan os seus traballos e, en consecuencia, un dos seus dereitos más básicos, o de comer, levando a Brasil de novo ao mapa da Miseria no mundo.
Autor
Rodrigo Zaim
Fotógrafo desde os 17 anos, interesouse pola fotografía cando aínda era un neno e miraba as revistas de skate e surf que tiraban seus primos, e recortaba as fotos que máis lle chamaban a atención.
Rematou o bacharelato no 2009 e foi directamente facer un curso de fotografía en SENAC Santana e traballa na área ata hoxe. Traballando como fotoxornalista, fundou no 2013 o R.U.A Foto Coletivo e rexistrou de preto as Xornadas de Xuño contra a suba de tarifas en São Paulo. A súa obra documenta os movementos que atravesan a cidade de São Paulo e Brasil. No 2014 creou o proxecto QVA (Quanto Vale a Arte), que levou a arte da fotografía a varias periferias de São Paulo. No 2015 impartiu o Taller de Fotografía para xente nova na Ocupación FLM de Cambridge, que deu lugar a unha exposición por todas as plantas da Ocupación. No 2016 cubriu os Xogos Olímpicos RÍO2016 en varias comunidades de Río. En 2018/2019 impartiu un Taller de Fotografía para persoas sen fogar en Ong Cisart.
Zaim é cofundador do Instituto Afro Amparo&Saúde, coordinou o equipo de comunicación de 2019 a 2021. Actualmente fai parte do equipo de fotografía de IstoÉ Magazine e é un dos comisarios do F.I.P (Festival de Imaxes Periféricas) e fundador de Ẹlẹ́gbára Lamb’s.
Hora
Xuño 9 (Xoves) - Xullo 7 (Xoves)
Localización
Xardíns de Méndez Núñez
09xunTodo o día07xulRicard García VilanovaGuerra e fame(Todo o día)
Detalles do evento
Guerra e fame A pandemia da fame que asola a máis de 811 millóns de persoas no mundo. Este traballo é un percorrido por varios conflitos e crises humanitarias vixentes hoxe
Detalles do evento
Guerra e fame
A pandemia da fame que asola a máis de 811 millóns de persoas no mundo. Este traballo é un percorrido por varios conflitos e crises humanitarias vixentes hoxe e onde esta pandemia se dá en maior ou menor medida. Pasamos por Siria, Iraq, Libia, Nixeria, Chad, Sudán, Mozambique, Afganistán e Ucraína.
A gran fame mundial é un problema que afecta a moitos máis países dos que cremos no planeta. Existen varias causas que o determinan, pero esta exposición está centrada exclusivamente na relación directa que existe entre os conflitos e a gran fame, pasando por conflitos cronificados ou vixentes, como a actual guerra que se está librando en Ucraína, entre outros.
Máis
Autor
Ricard García Vilanova
Fotógrafo autónomo desde hai máis de vinte anos, especializado en zonas de conflito e crises humanitarias. Informou sobre a Primavera Árabe e os conflitos do ISIS.
As súas fotografías foron publicadas en Life, Newsweek, Time, The New York Times, The Washington Post, The Wall Street Journal, Le Monde, Liberation, Paris Match, The Guardian, The Times, Die Welt, Der Spiegel, Stern e moitos máis.
Tamén ten colaborado con organizacións como as Nacións Unidas, o Comité Internacional da Cruz Vermella, Médicos Sen Fronteiras e Human Rights Watch. Como videoxornalista independente traballou con CNN, BBC, France24, Aljazeera, Channel 4, VICE, PBS e Euronews, entre outros.
The Wall Street Journal presentou a súa candidatura ao Premio Pulitzer no 2010 e foi premiado por organizacións como World Press Photo, (3) Pictures of the Year (POY), NPPA, (4) International Photography Awards (IPA), (6) PX3, Bayeux Calvados-Normandy Award, (3) Moscow International Foto Awards, Lens Culture, (2) Days Japan International, Mika Yamamoto International Journalist Award e o International Press Club. Como videógrafo conta cun premio Rory Peck.
Hora
Xuño 9 (Xoves) - Xullo 7 (Xoves)
Localización
Xardíns de Méndez Núñez
09xunTodo o día07xulSilvia LandiGlobesity(Todo o día)
Detalles do evento
Globesity Durante moito tempo considerouse que a desnutrición era o principal problema que afectaba aos países de ingresos baixos e medios. Porén, unha nova ameaza denominada «globesidade» plana agora sobre o
Detalles do evento
Globesity
Durante moito tempo considerouse que a desnutrición era o principal problema que afectaba aos países de ingresos baixos e medios. Porén, unha nova ameaza denominada «globesidade» plana agora sobre o mundo. De feito, por primeira vez na historia da humanidade, a obesidade é máis habitual ca a desnutrición, especialmente entre os grupos de poboación máis desfavorecidos.
As causas deste fenómeno non hai que buscalas no exceso de alimentos, senón que son produto, en gran medida, da pobreza, a globalización dos alimentos procesados e a falta de oportunidades e acceso dos grupos de poboación máis pobres a alimentos de calidade e a unha atención médica adecuada. Brasil, Sudáfrica e México son algúns dos países que se enfrontan a esta grave situación. En Brasil, a taxa de obesidade case se duplicou nas últimas décadas; Sudáfrica afronta os maiores desafíos nutricionais do mundo debido ao alto consumo de comida lixo e ao limitado acceso a alimentos saudables; e México, onde o 50 % da poboación vive por baixo do limiar da pobreza, ten unha das taxas de obesidade máis elevadas do mundo.
Globesidade é un proxecto fotográfico que nace para documentar este complexo fenómeno en contextos en que a relación entre obesidade e pobreza é especialmente rechamante, unha oportunidade para ofrecer unha perspectiva diferente sobre temas importantes como o impacto do sistema alimentario global, a inseguridade alimentaria e o ambiente obesoxénico en persoas vulnerables de todo o mundo.
No contexto actual de lentificación económica, a obesidade adquire novas formas de pobreza e exclusión social, facendo especialmente vulnerables as mulleres e os nenos, o que debilita a súa futura mobilidade social, económica e política ascendente.
Máis
Autor
Autor/a
Silvia Landi
É graduada en psicoloxía, ten un máster en psicoterapia e traballou como psicoterapeuta durante varios anos antes de iniciar a súa carreira como fotógrafa independente.
Logo dunha clase maxistral en fotografía documental e reportaxe fotográfico, a principal fonte de inspiración para os seus proxectos a longo prazo foron as cuestións sociais e antropolóxicas e as súas consecuencias psicolóxicas.
Os seus traballos publicáronse en varias revistas, expuxéronse e proxectáronse en diversos festivais e museos, e recibiu varios recoñecementos internacionais, como o premio á sostibilidade alimentaria outorgado pola Fundación Thomson Reuters e o Barilla Center for Food and Nutrition (Centro Barilla para a Alimentación e a Nutrición). Na actualidade, traballa en varios proxectos que xiran arredor do tema da obesidade, a saúde e a alimentación e como consultora para algunhas oenegués e fundacións italianas.
Hora
Xuño 9 (Xoves) - Xullo 7 (Xoves)
Localización
Xardíns de Méndez Núñez
09xunTodo o día07xulLys ArangoAta que o millo volva medrar(Todo o día)
Detalles do evento
Ata que o millo volva medrar En Guatemala, un de cada dous nenos sofre desnutrición crónica, a cifra máis alta de América Latina. O cambio climático está destruíndo as colleitas de centos
Detalles do evento
Ata que o millo volva medrar
En Guatemala, un de cada dous nenos sofre desnutrición crónica, a cifra máis alta de América Latina.
O cambio climático está destruíndo as colleitas de centos de miles de pequenos agricultores, alimentando unha crise humana e creando un novo patrón de migración: os refuxiados climáticos. Pero en vez de seguilos no seu exilio, apunto a miña lente cara ás realidades cotiás de onde proveñen estas persoas. Concéntrome nas causas subxacentes, achegándome ás realidades diarias de vivir nun lugar onde a comida escasea.
A desnutrición é un fenómeno pouco documentado. Aínda que todos sabemos que a fame existe, poucas veces vemos as experiencias cotiás dos que a sofren. Os nenos con malnutrición experimentan limitacións físicas e cognitivas, o que, pola súa vez, perpetúa o ciclo da pobreza. No 2019 empecei este traballo de fotografía documental no Corredor Seco Guatemalteco e desenvolvino ao longo de tres anos en comunidades maias de Chiquimula e Huehuetenango, onde establecín unha relación íntima con varias familias e puiden documentar as súas loitas e esperanzas, así como as consecuencias da desnutrición, tamén coñecida como «o asasino silencioso».
Máis
Autor
Lys Arango
É unha xornalista e fotógrafa documental española radicada en París. Licenciada en Relacións Internacionais e Máster en Periodismo, Lys desenvolve proxectos a longo prazo, nos que explora a fotografía, o texto e o son.
Ademais da súa práctica persoal, Lys traballou para oenegués internacionais, como Médicos Sen Fronteiras e Acción contra a Fame durante emerxencias humanitarias. A súa obra publicouse en varias revistas e xornais internacionais. Entre 2016 e 2019 traballou en 17 países inmersos en profundas crises alimentarias. Agora aborda os temas sociais desde un novo ángulo, explorando como converxen nun contexto histórico e cultural. Na súa práctica, Lys busca comprender completamente as vidas daqueles que fotografa para retratalos coa maior veracidade posible.
No 2021, Lys gañou o premio National Geographic durante o evento de Eddie Addams e foi seleccionada como fotógrafa emerxente pola Axencia VU´ de París para acompañala no desenvolvemento dun proxecto documental ao longo dun ano. Recentemente, a Biblioteca Nacional de Francia outorgoulle unha bolsa para proseguir o seu traballo sobre a fame.
Hora
Xuño 9 (Xoves) - Xullo 7 (Xoves)
Localización
Xardíns de Méndez Núñez
09xunTodo o día07xulJavier TenienteA Terra Seca(Todo o día)
Detalles do evento
A Terra Seca No mes de maio do 2021 viaxei a Guatemala, percorrendo parte deste Corredor Seco, unha rexión de pobreza extrema onde se atopan algunhas das comunidades máis vulnerables do
Detalles do evento
A Terra Seca
No mes de maio do 2021 viaxei a Guatemala, percorrendo parte deste Corredor Seco, unha rexión de pobreza extrema onde se atopan algunhas das comunidades máis vulnerables do país; visitei tamén a fronteira que o separa de México e por onde gran parte dos migrantes centroamericanos camiñan cara aos Estados Unidos cruzando o río Suchiate. Quería documentar como a pobreza, a violencia e a desertificación provocada polo cambio climático están a expulsar a miles de centroamericanos que viaxan desesperados aos EUA.
En América Central sobran os motivos para emigrar, pero unha enquisa realizada polo Programa Mundial de Alimentos no Corredor Seco apunta a falta de alimentos como un dos principais detonantes e estímase que, polo menos 1,4 millóns de centroamericanos serán «migrantes ou refuxiados climáticos» para o 2050, xa que é unha das rexións do planeta máis vulnerables fronte ás consecuencias do cambio climático. Doutra banda, os altos niveis de violencia organizada, particularmente no Triángulo norte (Honduras, Guatemala e O Salvador), desencadearon unha crise humanitaria similar á das zonas en conflito: desprazamento forzado, recrutamento infantil, violencia sexual e de xénero e extorsión.
Máis
Autor
Javier Teniente
Comezou a traballar como fotógrafo nos diarios Atlántico e Faro de Vigo. Aí aprende o oficio e, logo duns anos de experiencia, inicia a súa carreira como fotógrafo documental, que o levará dun extremo a outro do mundo cubrindo algúns dos máis importantes conflitos provocados pola guerra, a marxinación e os desastres naturais das últimas décadas. As súas fotografías son publicadas en revistas e xornais como El País Semanal, Geo, Interviú, Magazine de La Vanguardia, El Mundo ou Tiempo, e colabora con organizacións internacionais como Médicos do Mundo, Médicos Sen Fronteiras ou Acción contra a Fame.
Recibiu importantes recoñecementos, entre os que destacan o Premio Internacional Luis Valtueña de Fotografía Humanitaria en dúas ocasións (2003 e 2005), o Premio Galicia de Comunicación no 2004 e no 2006 unha mención especial nos Ortega e Gasset de xornalismo.
Hora
Xuño 9 (Xoves) - Xullo 7 (Xoves)
Localización
Xardíns de Méndez Núñez
09xunTodo o día07xulJuan Carlos Tomasi (MSF)A memoria do esquecemento(Todo o día)
Detalles do evento
A memoria do esquecemento Co gallo do 50 aniversario de Médicos Sen Fronteiras (MSF), publicouse o libro La memoria del olvido: una historia gráfica de Médicos Sin Fronteras (Ed. Blume), que
Detalles do evento
A memoria do esquecemento
Co gallo do 50 aniversario de Médicos Sen Fronteiras (MSF), publicouse o libro La memoria del olvido: una historia gráfica de Médicos Sin Fronteras (Ed. Blume), que repasa a traxectoria de Juan Carlos Tomasi como fotógrafo de cabeceira desta organización desde hai case tres décadas. Baseada no libro, esta exposición aborda como a falta de auga nalgunhas partes do Sahel –unha franxa africana de 5000 quilómetros de longura– e a ausencia de colleitas nas zonas en conflito disparan a desnutrición, e narra as consecuencias que todo isto ten nos nenos e as súas familias.
Ningunha epidemia, ningunha guerra, nin a máis letal das enfermidades: nada influíu máis que a fame na historia da Humanidade. En todo o mundo, miles de nenos sofren por culpa das políticas que protexen o prezo do gran nos mercados, pola falta de chuvia e auga e polo cambio climático.
No Sahel, a desnutrición aguda e a malaria son dúas enfermidades que conviven na estación da fame, a chamada soudure. É un período de escaseza que comeza en xuño, coa chegada do verán, cando os celeiros das familias empezan a baleirarse: o gran da colleita anterior esgótase e a nova aínda está por coller. Neses meses non hai nada que comer: a pantasma da fame axexa e os centros nutricionais empezan a ateigarse de cativos. Case ao tempo, as chuvias dan en caer copiosamente e, canda elas, chegan as inundacións. A auga estancada é un lugar idóneo para que se reproduza o mosquito que propaga a malaria. A combinación de paludismo e desnutrición é letal, e é a principal causa de mortalidade en menores de 5 anos.
Organizacións internacionais como MSF traballan desde hai anos para responder a estas crises crónicas e para reducir a morbilidade e a mortalidade infantil.
Máis
Autor
Juan Carlos Tomasi
(Médicos Sin Fronteras)
(1959) Xornalista e fotógrafo. Barcelonés, nado en Madrid.
A súa cámara retratou unha ampla gama de escenarios e momentos históricos en todo o mundo. Desde os desprazados da República Democrática do Congo e Ruanda ata as vítimas da guerra dos Balcáns; desde numerosos desastres naturais ata as súas coberturas humanitarias en grandes epidemias, tratou de buscar o outro lado da información diaria: historias de vida que dignificasen e desen o protagonismo ás vítimas.
Comezou como xornalista deportivo e cubriu os Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992. Pero deulle un xiro radical á súa carreira e centrouse na cobertura de conflitos e no xornalismo humanitario. Foi produtor e realizador para varios medios internacionais.
Desde 1995, é fotógrafo e reporteiro da organización humanitaria internacional Médicos Sen Fronteiras. A mirada de Tomasi contribuíu a lle achegar ao público case todos os conflitos esquecidos do mundo dos últimos vinte e cinco anos.
Traballou para medios como El País, La Vanguardia, El Periódico ou The Independent. Tamén colabora con outras organizacións de axuda internacional para difundir as consecuencias dos desastres humanitarios e do cambio climático. Ten publicados varios libros e exhibiu o seu traballo en moitas cidades do mundo, entre elas, Lisboa, Londres, Madrid, Casablanca, Atenas, Roma, Moscova, Pristina, Barcelona, Buenos Aires, Bogotá ou Melbourne.
Hora
Xuño 9 (Xoves) - Xullo 7 (Xoves)
Localización
Xardíns de Méndez Núñez
Outras Actividades
Detalles del evento
Escola Municipal de Música da Coruña A Escola Municipal de Música da Coruña, foi inaugurada polo Excmo. Concello da Coruña, o 22 de novembro de 1998; coa finalidade de achegar todo
Detalles del evento
Escola Municipal de Música da Coruña
A Escola Municipal de Música da Coruña, foi inaugurada polo Excmo. Concello da Coruña, o 22 de novembro de 1998; coa finalidade de achegar todo tipo de música aos cidadáns, tanto do municipio como dos seus arredores.
Ao longo desta traxectoria educativa, a Escola contou cunha media de 650 alumnos por curso académico, con idades desde os 4 anos en diante; todos con diferentes intereses, gustos musicais e capacidades, pero todos coas mesmas ganas de aprender música.
Más
Hora
(Domingo) 12:30 - 14:00
Detalles del evento
Razóns e violencias na viaxe eterna de Mesoamérica Mulleres migrantes centroamericanas de diversa idade, etnia, orixe social ou orientación sexual obrigadas a migrar e desprazarse de maneira forzada protagonizan esta iniciativa
Detalles del evento
Razóns e violencias na viaxe eterna de Mesoamérica
Mulleres migrantes centroamericanas de diversa idade, etnia, orixe social ou orientación sexual obrigadas a migrar e desprazarse de maneira forzada protagonizan esta iniciativa xornalística que quere fomentar o diálogo e a reflexión cidadá.
Historias de valentía e resiliencia e de superación de fronteiras físicas, sociais, persoais,…
Médicos do Mundo, conxuntamente co xornal El Faro, presentan esta mostra da exposición de fotografías de Fred Ramos e Víctor Peña.
Fred Ramos
Víctor Peña
Más
Hora
junio 9 (Jueves) - 11 (Sábado)
Actividades 2022
09xun10:30Acto Inaugural - Radio Acampa en DirectoConducido por Isabel Risco e Ricardo Sandoval10:30
Detalles do evento
Radio Acampa en Directo Conducido por Isabel Risco e Ricardo Sandoval Entrevista a tres persoas refuxiadas. Entrevistas a representantes de ACAMPA Coruña. Entrevistas a representacións institucionais.
Detalles do evento
Radio Acampa en Directo
Conducido por Isabel Risco e Ricardo Sandoval
Entrevista a tres persoas refuxiadas.
Entrevistas a representantes de ACAMPA Coruña.
Entrevistas a representacións institucionais.
Autor
Isabel Risco
Actriz galega gañadora do Premio Mestre Mateo en 2014 pola súa interpretación na serie Era visto!
Graduada en Pedagoxía Teatral, é presentadora e contacontos.
Traballou en radio.
En cinema, participou en Los muertos van deprisa, Donde está la felicidad? e a curtametraxe Tourettes.
Ricardo Sandoval Bermejo
Vallecano de nacemento, galego de adopción.
Aprendiz de xornalista.
Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid.
Con experiencia Laboral no Litoral Gallego, Faro de Vigo, O País, Diario de Galicia, O Mundo, etc. ata xubilarme en Radio Nacional de España.
Hora
(Xoves) 10:30
Localización
Carpa central
Detalles do evento
Ímola VIRANDO Xosé Taboada Felix Cons “Sapoconcho” Luis Peiteado
Detalles do evento
Ímola VIRANDO
-
Xosé Taboada
-
Felix Cons “Sapoconcho”
-
Luis Peiteado
Hora
(Xoves) 10:30
Localización
09xun11:00Proxección Vídeo Resumen Acampa 202111:00
Detalles do evento
Proxección Vídeo Resumen Acampa 2021.
Detalles do evento
Proxección Vídeo Resumen Acampa 2021.
Hora
(Xoves) 11:00
Localización
Carpa central
Detalles do evento
Rede Acolle e o Sistema Estatal de acollida e integración de beneficiarios de Protección Internacional Nos últimos meses, as consecuencias humanas de eventos como a guerra en Ucraína ou a retirada
Detalles do evento
Rede Acolle e o Sistema Estatal de acollida e integración de beneficiarios de Protección Internacional
Nos últimos meses, as consecuencias humanas de eventos como a guerra en Ucraína ou a retirada dos países occidentais de Afganistán volven dirixir a solidariedade social ás persoas desprazadas que solicitan asilo e outras formas de protección no noso país. Pero, como se organiza a acollida destas persoas en España?
Se queres coñecer máis sobre o sistema estatal de acollida integral e integración de solicitantes de asilo, refuxiados, apátridas, persoas acollidas ao réxime de protección temporal e outros estatutos de protección subsidiaria, acompáñanos nesta presentación.
Contarémosche como funciona o sistema de acollida e falarémosche sobre a función que nel desempeñan organizacións do terceiro sector como Ecos do Sur e o resto de entidades que forman parte da Federación Rede Acolle.
Máis
Hora
(Xoves) 13:00
Localización
Salón de Actos do Kiosco Alfonso
09xun13:00VISITA GUIADA do FOTÓGRAFO Juan Carlos Tomasi (MSF)A memoria do esquecemento13:00
Detalles do evento
A memoria do esquecemento Co gallo do 50 aniversario de Médicos Sen Fronteiras (MSF), publicouse o libro La memoria del olvido: una historia gráfica de Médicos Sin Fronteras (Ed. Blume), que
Detalles do evento
A memoria do esquecemento
Co gallo do 50 aniversario de Médicos Sen Fronteiras (MSF), publicouse o libro La memoria del olvido: una historia gráfica de Médicos Sin Fronteras (Ed. Blume), que repasa a traxectoria de Juan Carlos Tomasi como fotógrafo de cabeceira desta organización desde hai case tres décadas. Baseada no libro, esta exposición aborda como a falta de auga nalgunhas partes do Sahel –unha franxa africana de 5000 quilómetros de longura– e a ausencia de colleitas nas zonas en conflito disparan a desnutrición, e narra as consecuencias que todo isto ten nos nenos e as súas familias.
Ningunha epidemia, ningunha guerra, nin a máis letal das enfermidades: nada influíu máis que a fame na historia da Humanidade. En todo o mundo, miles de nenos sofren por culpa das políticas que protexen o prezo do gran nos mercados, pola falta de chuvia e auga e polo cambio climático.
No Sahel, a desnutrición aguda e a malaria son dúas enfermidades que conviven na estación da fame, a chamada soudure. É un período de escaseza que comeza en xuño, coa chegada do verán, cando os celeiros das familias empezan a baleirarse: o gran da colleita anterior esgótase e a nova aínda está por coller. Neses meses non hai nada que comer: a pantasma da fame axexa e os centros nutricionais empezan a ateigarse de cativos. Case ao tempo, as chuvias dan en caer copiosamente e, canda elas, chegan as inundacións. A auga estancada é un lugar idóneo para que se reproduza o mosquito que propaga a malaria. A combinación de paludismo e desnutrición é letal, e é a principal causa de mortalidade en menores de 5 anos.
Organizacións internacionais como MSF traballan desde hai anos para responder a estas crises crónicas e para reducir a morbilidade e a mortalidade infantil.
Máis
Autor
Juan Carlos Tomasi
(Médicos Sin Fronteras)
(1959) Xornalista e fotógrafo. Barcelonés, nado en Madrid.
A súa cámara retratou unha ampla gama de escenarios e momentos históricos en todo o mundo. Desde os desprazados da República Democrática do Congo e Ruanda ata as vítimas da guerra dos Balcáns; desde numerosos desastres naturais ata as súas coberturas humanitarias en grandes epidemias, tratou de buscar o outro lado da información diaria: historias de vida que dignificasen e desen o protagonismo ás vítimas.
Comezou como xornalista deportivo e cubriu os Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992. Pero deulle un xiro radical á súa carreira e centrouse na cobertura de conflitos e no xornalismo humanitario. Foi produtor e realizador para varios medios internacionais.
Desde 1995, é fotógrafo e reporteiro da organización humanitaria internacional Médicos Sen Fronteiras. A mirada de Tomasi contribuíu a lle achegar ao público case todos os conflitos esquecidos do mundo dos últimos vinte e cinco anos.
Traballou para medios como El País, La Vanguardia, El Periódico ou The Independent. Tamén colabora con outras organizacións de axuda internacional para difundir as consecuencias dos desastres humanitarios e do cambio climático. Ten publicados varios libros e exhibiu o seu traballo en moitas cidades do mundo, entre elas, Lisboa, Londres, Madrid, Casablanca, Atenas, Roma, Moscova, Pristina, Barcelona, Buenos Aires, Bogotá ou Melbourne.
Hora
(Xoves) 13:00
Localización
Xardíns de Méndez Núñez
Detalles do evento
FOCA (Formación y Capacitación A. C.) Organización maioritariamente de mulleres, formada en 1998 en Chiapas, México, que traballamos o refuxio na fronteira México-Guatemala con mulleres e as súas familias desde unha
Detalles do evento
FOCA (Formación y Capacitación A. C.)
Organización maioritariamente de mulleres, formada en 1998 en Chiapas, México, que traballamos o refuxio na fronteira México-Guatemala con mulleres e as súas familias desde unha perspectiva de xénero, con modelos de atención que deseñamos nosoutras para un acompañamento integral ás mulleres soas ou coas súas familias, que transitan e solicitan asilo en México.
Hai máis de dez anos impulsamos unha rede de organizacións de base de catro países (sur de México, Guatemala, Honduras e El Salvador). Esta Rede Mesoamericana Muller, Saúde e Migración promove os dereitos humanos e das mulleres a migrar e non migrar nas comunidades de migración de orixe.
Tamén desde a nosa organización impulsamos o primeiro observatorio de mulleres da fronteira e creamos unha estrutura comunitaria fronteiriza de defensa de dereitos das mulleres nas migracións.
Creamos un programa de radio, Las moradas, que se transmite en radios comunitarias onde a Rede ten impacto. Promove programas de dereitos á terra, á saúde, ao traballo, desde unha perspectiva de xénero.
Máis
Autor
Diana Damián
Psicóloga especialista en xénero, interculturalidade e migracións.
Directora de FOCA (Formación e Capacitación), oenegué mexicana integrada na Rede Acampa que traballa desde a década dos 90 na atención das mulleres migrantes que chegan a través da fronteira guatemalteca á área de San Cristóbal de las Casas, Chiapas.
Coordinadora da Red Mesoamericana Muller, Saúde e Migración
Ten un amplo traballo de investigación, con publicacións coma “El corredor Huehuetenango-Comitán. Una cartografía de las mujeres en las migraciones”, “Chiapas, una mirada atrás” o “Violencia feminicida en Chiapas. Razones visibles y ocultas de nuestras luchas, resistencias y rebeldías”.
Dirixiu ademáis o documental “Pasos ciegos”
Hora
(Xoves) 17:00
Localización
Salón de Actos do Kiosco Alfonso
09xun17:00VISITA GUIADA da FOTÓGRAFA Lys ArangoAta que o millo volva medrar17:00
Detalles do evento
Ata que o millo volva medrar En Guatemala, un de cada dous nenos sofre desnutrición crónica, a cifra máis alta de América Latina. O cambio climático está destruíndo as colleitas de centos
Detalles do evento
Ata que o millo volva medrar
En Guatemala, un de cada dous nenos sofre desnutrición crónica, a cifra máis alta de América Latina.
O cambio climático está destruíndo as colleitas de centos de miles de pequenos agricultores, alimentando unha crise humana e creando un novo patrón de migración: os refuxiados climáticos. Pero en vez de seguilos no seu exilio, apunto a miña lente cara ás realidades cotiás de onde proveñen estas persoas. Concéntrome nas causas subxacentes, achegándome ás realidades diarias de vivir nun lugar onde a comida escasea.
A desnutrición é un fenómeno pouco documentado. Aínda que todos sabemos que a fame existe, poucas veces vemos as experiencias cotiás dos que a sofren. Os nenos con malnutrición experimentan limitacións físicas e cognitivas, o que, pola súa vez, perpetúa o ciclo da pobreza. No 2019 empecei este traballo de fotografía documental no Corredor Seco Guatemalteco e desenvolvino ao longo de tres anos en comunidades maias de Chiquimula e Huehuetenango, onde establecín unha relación íntima con varias familias e puiden documentar as súas loitas e esperanzas, así como as consecuencias da desnutrición, tamén coñecida como «o asasino silencioso».
Máis
Autor
Lys Arango
É unha xornalista e fotógrafa documental española radicada en París. Licenciada en Relacións Internacionais e Máster en Periodismo, Lys desenvolve proxectos a longo prazo, nos que explora a fotografía, o texto e o son.
Ademais da súa práctica persoal, Lys traballou para oenegués internacionais, como Médicos Sen Fronteiras e Acción contra a Fame durante emerxencias humanitarias. A súa obra publicouse en varias revistas e xornais internacionais. Entre 2016 e 2019 traballou en 17 países inmersos en profundas crises alimentarias. Agora aborda os temas sociais desde un novo ángulo, explorando como converxen nun contexto histórico e cultural. Na súa práctica, Lys busca comprender completamente as vidas daqueles que fotografa para retratalos coa maior veracidade posible.
No 2021, Lys gañou o premio National Geographic durante o evento de Eddie Addams e foi seleccionada como fotógrafa emerxente pola Axencia VU´ de París para acompañala no desenvolvemento dun proxecto documental ao longo dun ano. Recentemente, a Biblioteca Nacional de Francia outorgoulle unha bolsa para proseguir o seu traballo sobre a fame.
Hora
(Xoves) 17:00
Localización
Xardíns de Méndez Núñez
Detalles do evento
Coa participación de: Ricard G. VIlanova Lys Arango Juan Carlos Tomasi SIlvia Landi
Detalles do evento
Coa participación de:
- Ricard G. VIlanova
- Lys Arango
- Juan Carlos Tomasi
- SIlvia Landi
Hora
(Xoves) 18:00
Localización
Carpa central
09xun19:30Encontro: A Pandemia da fameMontse Escruela (MSF), Celia Regina Rossi y Marta Otero19:30
Detalles do evento
Montse Escruela i Caberra (MSF) Desnutrición Infantil. Referente de Médicos Sen Fronteiras en
Detalles do evento
Montse Escruela
i Caberra (MSF)
Desnutrición Infantil.
Referente de Médicos Sen Fronteiras en nutrición
É diplomada en Dietética Superior pola Universidad Heinry Poincaré de Nancy (Francia) e diplomada en Dietética e Nutrición Humana pola Universidade Autónoma de Barcelona. Ademais, conta cun Máster de Saúde Pública para países en vías de desenvolvemento da Universidade Autónoma de Barcelona e un diploma en Seguridade Alimentaria e Nutrición en América Latina e o Caribe da Universidade de Medellín (Colombia).
Comezou a súa traxectoria profesional traballando en diversos centros hospitalarios de Cataluña e, despois de dez anos, incorporouse á oenegué Acción contra a Fame para responsabilizarse dos seus programas nutricionais en diferentes países de América Latina e África do Oeste. No 2005 comezou a traballar como consultora para as Nacións Unidas dentro do Programa Mundial de Alimentos en África, coa Organización Panamericana da Saúde en Haití e con UNICEF na oficina rexional de África do Oeste. Desde 2011 e durante cinco anos, formou parte do equipo de emerxencias de Acción contra a Fame como coordinadora en Saúde e Nutrición, participando en diversas emerxencias humanitarias. Desde o 2017, é a referente en nutrición de Médicos Sen Fronteiras, organización coa que estivo traballando en países como Níxer, Nixeria, a República Democrática do Congo, a República Centroafricana, a India, o Iemen, Sudán, Sudán do Sur, Etiopía ou Iraq.
Celia Regina
Rossi
América Latina, A fame Continua.
Célia Regina Rossi – Doutora en Educación pola Universidade de São Paulo (2005), e Post-doutoramento pola Universidade de Lisboa – Portugal (2011).
Profesora Asociada Doutora – Departamento de Educación, área de Psicoloxía – IB – UNESP – Rio Claro e o Programa de Posgrao en Educación Escolar e Educación Sexual, na liña: “Cultura, Subxectividade e Sexualidade” – Facultade de Ciencias e Letras de Araraquara – UNESP/ SP. Foi coordinadora do Curso de Pedagoxía da UNESP Rio Claro/SP.
Ten experiencia en Educación en Dereitos Humanos, con énfase na Educación en Sexualidade, Xénero, Violencia e Sexualidade, traballando principalmente nos seguintes temas de investigación: Educación Inclusiva, Educación en Dereitos Humanos, Acollida, Sexualidade, Xénero e Educación Sexual e Xénero. Investigación de Políticas Públicas para a Formación do Profesorado de Educación en Sexualidade e Relacións de Xénero, e Dereitos Humanos.
Participou no Comité Asesor de Especialistas en Educación Especial e Asistencia Diferenciada en Exames e Avaliacións de Educación Básica do INEP (2015-2017 – goberno PT). Foi Coordinadora de Xénero, Diversidade na Escola – GDE (09/10/2008 – Goberno do PT). Participou no comité de avaliación do GDE+5 en todo Brasil (CLAM/UERJ, MEC/SECAD – Goberno do PT). Formou parte da coordinación e organización do proxecto WebEducaçãoSexual.com (Portugal/Brasil).
É coordinadora do Grupo de Investigación GSESXs – UNESP/Rio Claro/SP e é investigadora dos Grupos de Investigación: NUSEX – FCLar – UNESP -Araraquara/SP e GEISEXT – Instituto de Educación – Universidade de Lisboa – PT.
É coordinadora da rede ACAMPA pola Paz e o Dereito ao Refuxio – Brasil.
Marta Otero
Mayán
Periodista, La Opinión A Coruña.
A Coruña 1997.
Graduada en periodismo por la USC (Universidade de Santiago de Compostela).
Periodista local en el diario La Opinión A Coruña. Columnista e integrante del Comité de Redacción de la revista Luzes.
Representante territorial del Colegio de Periodistas en la Demarcación de A Coruña.
Máis
Hora
(Xoves) 19:30
Localización
Carpa central
Detalles do evento
Migracións, cultura alimentaria e declaración de Dereitos Campesiños da ONU Isabel Vilalba Seivane Naceu en 1973 en Lourenza. Fixo estudios de
Detalles do evento
Migracións, cultura alimentaria e declaración de Dereitos Campesiños da ONU
Isabel Vilalba Seivane
Naceu en 1973 en Lourenza.
Fixo estudios de filoloxía hispánica, especialidade Galego- Portugues e 2° ciclo de Ciencias da Información na USC (Universidade de Santiago de Compostela).
Ten co seu compañeiro unha granxa de vacas de leite e fabas de Lourenza. E nai de un rapaz de 16 e unha rapaza de 13 anos.
Dinamizadora do Sindicato Labrego Galego na Mariña, responsable da Secretaría das Mulleres do SLG de 2002 a 2012, e Secretaria Xeral, e cunha participación moi activa de traballos da Via Campesina a nivel Europeo e Mundial.
Janaina Strozake
Campesiña, militante do MST, membro da Fronte das Palabras Rebeldes, historiadora, investiga temas de reforma agraria, soberanía alimentaria e conflito entre Vida e Capital.
Máis
Hora
(Venres) 11:30
Localización
Salón de Actos do Kiosco Alfonso
Detalles do evento
Editorial: Blume Año: 2021 “La memoria del olvido” (A Memoria do Esquecemento) componse de milleiros de historias, plasmadas en fotografías grazas á cámara e a mirada de Juan Carlos Tomasi. Despois de
Detalles do evento
Editorial: Blume
Año: 2021
“La memoria del olvido” (A Memoria do Esquecemento) componse de milleiros de historias, plasmadas en fotografías grazas á cámara e a mirada de Juan Carlos Tomasi.
Despois de 50 anos de traballo en todo o mundo, a ONG Médicos Sen Fronteiras fai un compendio das imaxes que serviron para mostrar a Occidente a dura realidade que existía, e existe, en países como Afganistán, Etiopía, Haití ou Palestina. Acompañan as imaxes os textos do propio Tomasi, de David Noguera, presidente da organización en España, e doutros fotógrafos que decidiron dedicar a súa carreira á axuda humanitaria.
Máis
Autor
Juan Carlos Tomasi
(Médicos Sin Fronteras)
(1959) Xornalista e fotógrafo. Barcelonés, nado en Madrid.
A súa cámara retratou unha ampla gama de escenarios e momentos históricos en todo o mundo. Desde os desprazados da República Democrática do Congo e Ruanda ata as vítimas da guerra dos Balcáns; desde numerosos desastres naturais ata as súas coberturas humanitarias en grandes epidemias, tratou de buscar o outro lado da información diaria: historias de vida que dignificasen e desen o protagonismo ás vítimas.
Comezou como xornalista deportivo e cubriu os Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992. Pero deulle un xiro radical á súa carreira e centrouse na cobertura de conflitos e no xornalismo humanitario. Foi produtor e realizador para varios medios internacionais.
Desde 1995, é fotógrafo e reporteiro da organización humanitaria internacional Médicos Sen Fronteiras. A mirada de Tomasi contribuíu a lle achegar ao público case todos os conflitos esquecidos do mundo dos últimos vinte e cinco anos.
Traballou para medios como El País, La Vanguardia, El Periódico ou The Independent. Tamén colabora con outras organizacións de axuda internacional para difundir as consecuencias dos desastres humanitarios e do cambio climático. Ten publicados varios libros e exhibiu o seu traballo en moitas cidades do mundo, entre elas, Lisboa, Londres, Madrid, Casablanca, Atenas, Roma, Moscova, Pristina, Barcelona, Buenos Aires, Bogotá ou Melbourne.
Anna Surinyach
Editora de la Revista 5W.
Son unha fotoperiodista española freelance especializada en temas de migración, refuxiados e dereitos humanos con sede en Barcelona.
Na última década estiven cubrindo África, Asia e América do Sur e aumentando os meus coñecementos sobre as migracións globais, así como sobre a saúde e as crises humanitarias. Estiven traballando como fotógrafa para Médicos Sen Fronteiras durante 6 anos.
Na actualidade son fotógrafa freelance e editora de fotografía da Revista 5W.
Hora
(Venres) 13:00
Localización
Carpa central
10xun16:30VISITA GUIADA DA FOTÓGRAFA Silvia LandiGlobesity16:30
Detalles do evento
Globesity Durante moito tempo considerouse que a desnutrición era o principal problema que afectaba aos países de ingresos baixos e medios. Porén, unha nova ameaza denominada «globesidade» plana agora sobre o
Detalles do evento
Globesity
Durante moito tempo considerouse que a desnutrición era o principal problema que afectaba aos países de ingresos baixos e medios. Porén, unha nova ameaza denominada «globesidade» plana agora sobre o mundo. De feito, por primeira vez na historia da humanidade, a obesidade é máis habitual ca a desnutrición, especialmente entre os grupos de poboación máis desfavorecidos.
As causas deste fenómeno non hai que buscalas no exceso de alimentos, senón que son produto, en gran medida, da pobreza, a globalización dos alimentos procesados e a falta de oportunidades e acceso dos grupos de poboación máis pobres a alimentos de calidade e a unha atención médica adecuada. Brasil, Sudáfrica e México son algúns dos países que se enfrontan a esta grave situación. En Brasil, a taxa de obesidade case se duplicou nas últimas décadas; Sudáfrica afronta os maiores desafíos nutricionais do mundo debido ao alto consumo de comida lixo e ao limitado acceso a alimentos saudables; e México, onde o 50 % da poboación vive por baixo do limiar da pobreza, ten unha das taxas de obesidade máis elevadas do mundo.
Globesidade é un proxecto fotográfico que nace para documentar este complexo fenómeno en contextos en que a relación entre obesidade e pobreza é especialmente rechamante, unha oportunidade para ofrecer unha perspectiva diferente sobre temas importantes como o impacto do sistema alimentario global, a inseguridade alimentaria e o ambiente obesoxénico en persoas vulnerables de todo o mundo.
No contexto actual de lentificación económica, a obesidade adquire novas formas de pobreza e exclusión social, facendo especialmente vulnerables as mulleres e os nenos, o que debilita a súa futura mobilidade social, económica e política ascendente.
Máis
Autor
Silvia Landi
É graduada en psicoloxía, ten un máster en psicoterapia e traballou como psicoterapeuta durante varios anos antes de iniciar a súa carreira como fotógrafa independente.
Logo dunha clase maxistral en fotografía documental e reportaxe fotográfico, a principal fonte de inspiración para os seus proxectos a longo prazo foron as cuestións sociais e antropolóxicas e as súas consecuencias psicolóxicas.
Os seus traballos publicáronse en varias revistas, expuxéronse e proxectáronse en diversos festivais e museos, e recibiu varios recoñecementos internacionais, como o premio á sostibilidade alimentaria outorgado pola Fundación Thomson Reuters e o Barilla Center for Food and Nutrition (Centro Barilla para a Alimentación e a Nutrición). Na actualidade, traballa en varios proxectos que xiran arredor do tema da obesidade, a saúde e a alimentación e como consultora para algunhas oenegués e fundacións italianas.
Hora
(Venres) 16:30
Localización
Xardíns de Méndez Núñez
Detalles do evento
O pai de Aminodin sempre sorrí porque di que «as persoas alegres viven máis». Por iso, aos seus oito anos, Aminodin pon o seu mellor sorriso mentres traballa no vertedoiro
Detalles do evento
O pai de Aminodin sempre sorrí porque di que «as persoas alegres viven máis». Por iso, aos seus oito anos, Aminodin pon o seu mellor sorriso mentres traballa no vertedoiro de Papandayan, onde vive coa súa familia. O seu curmán Aliman, en cambio, perdeu a vida cando na cidade de Marawi empezaron a caer bombas do ceo.
Dirección: Javier Fesser, Guillermo Fesser
Producción: Luis Manso
Intérpretes: Aminodin Munder, Asnaira A. Cadir, Cawi Nasroding Mama,
Junaisa Alimusa, Aliman Macao, Yasser Daluma,
Amalia Macao, Joel P. Dee
Guion: Javier Fesser, Guillermo Fesser
Fotografía: Jairo Iglesias
Edición: Antonio Frutos, Pablo Mas
Son: Armando Ciudad, Charly Schmuckler
Ano de producción: 2021
Máis
Autor
Javier Fesser
Madrid, 1964. Gañou seis premios Goya e asina películas tan destacadas como El milagro de P. Tinto, Camino, dúas adaptacións de Mortadelo y Filemón, Campeones e Historias lamentables.
Guillermo Fesser
Madrid, 1960. Arquicoñecido polo seu programa Gomaespuma, é escritor e correspondente nos Estados Unidos. Foi coguionista dalgúns do filmes dirixidos polo seu irmán Javier. Deu o salto á dirección con Cándida. O seu último proxecto xuntos é El Monstruo Invisible.
Hora
(Venres) 18:00
Localización
Carpa central
10xun19:30Encontro: As Causas da fameVandana Shiva, Rafael Poch e Guillermo Fesser19:30
Detalles do evento
Vandana Shiva Formouse como física e escribiu a súa tese de doutoramento sobre o tema “Variables
Detalles do evento
Vandana Shiva
Formouse como física e escribiu a súa tese de doutoramento sobre o tema “Variables ocultas e non localidade na teoría cuántica”, na Universidade de Western Ontario, en Canadá.
Máis tarde dedicouse á investigación interdisciplinaria en ciencia, tecnoloxía e política medioambiental, que desenvolveu no Indian Institute of Science e no Indian Institute of Management de Bangalore.
En 1982 fundou un instituto independente, a Fundación de Investigación para a Ciencia, a Tecnoloxía e a Ecoloxía (Research Foundation for Science, Technology and Ecology en Dehradun) na India, dedicada á investigación independente e de alta calidade para abordar os problemas ecolóxicos e sociais máis importantes do noso tempo, en estreita colaboración coas comunidades locais e os movementos sociais.
En 1991 fundou Navdanya, un movemento nacional para protexer a diversidade e integridade dos recursos vivos, especialmente as sementes autóctonas, a promoción da agricultura ecolóxica e o comercio xusto. En 2004 fundou Bija Vidyapeeth, un centro universitario internacional para a vida sostible, situado no val de Doon, en colaboración co Schumacher College do Reino Unido. A doutora Shiva combina a apaixonada investigación intelectual cun activismo valente. En 2003, a revista Time identificou a doutora Shiva como “heroe” medioambiental e Asia Week cualificouna como unha das cinco comunicadoras máis poderosas de Asia. En novembro de 2010, a revista Forbes identificou a doutora Vandana Shiva como unha das sete mulleres máis poderosas do mundo.
Recibiu doutorados honoríficos da Universidade de París, a Universidade de Western Ontario, a Universidade de Oslo, o Connecticut College e a Universidade de Guelph. Entre os seus numerosos galardóns, encóntranse o Premio Nobel Alternativo (Right Livelihood Award, 1993), a Orde da Arca de Ouro, o Premio Global 500 da ONU e o Premio Internacional do Día da Terra.
Rafael Poch
Correspondente internacional durante 35 anos, a maior parte deles en Moscova e Pequín para o rotativo La Vanguardia. Tamén foi correspondente de Die Tageszeitung e correspondente itinerante en Europa do Leste (1983-1987).
Foi colaborador ocasional da edición española de Le Monde Diplomatique e da revista DuShu de Pequín, así como autor de varios libros sobre Rusia e China.
Colaborador de Ctxt baixo o epígrafe “Imperios Combatientes”, mantén o blogue rafaelpoch.com.
Guillermo Fesser
(Madrid, 1960)
Empezou como xornalista no innovador programa de radio Gomaespuma que, utilizando o humor para contar noticias, mantívose máis de vinte anos en antena e chegou a alcanzar un millón de seguidores diarios. Xunto co seu irmán, o director de cine Javier Fesser, escribiu guións de longametraxes míticas como El Milagro de P. Tinto, e dirixiu películas emocionantes como Cándida ou El monstruo invisible. Fesser é autor de varios libros de éxito, entre eles, a biografía da súa asistenta, Cándida: Cuando Dios ahoga, aprieta pero bien; ou o relato sobre a vida cotiá nos Estados Unidos, A cien millas de Manhattan. Os seus libros infantís Ruedas y el enigma del Campamento MT e Conoce a Bernardo de Gálvez lense con regularidade nas clases de moitos colexios de España e EUA.
Na actualidade, Fesser reside en Rhinebeck, Nova York, desde onde realiza labores de correspondente para o programa televisivo El Intermedio e dirixe, xunto co seu amigo da facultade e inseparable compañeiro de micrófono, Juan Luis Cano, a Fundación Gomaespuma. Baixo o lema «Pequenos proxectos, pero que se fagan», a fundación está dedicada a educar cun sorriso as nenas e nenos máis desfavorecidos e hoxe mantén proxectos en Ucraína, Sri Lanka, Filipinas, Senegal, Nicaragua e España.
Máis
Hora
(Venres) 19:30
Localización
Carpa central
11xun11:30VISITA GUIADA do FOTÓGRAFO Javier Teniente Ricard García VilanovaGuerra e fame11:30
Detalles do evento
Guerra e fame A pandemia da fame que asola a máis de 811 millóns de persoas no mundo. Este traballo é un percorrido por varios conflitos e crises humanitarias vixentes hoxe
Detalles do evento
Guerra e fame
A pandemia da fame que asola a máis de 811 millóns de persoas no mundo. Este traballo é un percorrido por varios conflitos e crises humanitarias vixentes hoxe e onde esta pandemia se dá en maior ou menor medida. Pasamos por Siria, Iraq, Libia, Nixeria, Chad, Sudán, Mozambique, Afganistán e Ucraína.
A gran fame mundial é un problema que afecta a moitos máis países dos que cremos no planeta. Existen varias causas que o determinan, pero esta exposición está centrada exclusivamente na relación directa que existe entre os conflitos e a gran fame, pasando por conflitos cronificados ou vixentes, como a actual guerra que se está librando en Ucraína, entre outros.
Máis
Autor
Ricard García Vilanova
Fotógrafo autónomo desde hai máis de vinte anos, especializado en zonas de conflito e crises humanitarias. Informou sobre a Primavera Árabe e os conflitos do ISIS.
As súas fotografías foron publicadas en Life, Newsweek, Time, The New York Times, The Washington Post, The Wall Street Journal, Le Monde, Liberation, Paris Match, The Guardian, The Times, Die Welt, Der Spiegel, Stern e moitos máis.
Tamén ten colaborado con organizacións como as Nacións Unidas, o Comité Internacional da Cruz Vermella, Médicos Sen Fronteiras e Human Rights Watch. Como videoxornalista independente traballou con CNN, BBC, France24, Aljazeera, Channel 4, VICE, PBS e Euronews, entre outros.
The Wall Street Journal presentou a súa candidatura ao Premio Pulitzer no 2010 e foi premiado por organizacións como World Press Photo, (3) Pictures of the Year (POY), NPPA, (4) International Photography Awards (IPA), (6) PX3, Bayeux Calvados-Normandy Award, (3) Moscow International Foto Awards, Lens Culture, (2) Days Japan International, Mika Yamamoto International Journalist Award e o International Press Club. Como videógrafo conta cun premio Rory Peck.
Hora
(Sábado) 11:30
Localización
Xardíns de Méndez Núñez
Detalles do evento
O debuxante galego Miguelanxo Prado, un dos referentes da novena arte en España, será o encargado de presentar o libro de Guillermo Fesser Marcelo e de conversar con este autor
Detalles do evento
O debuxante galego Miguelanxo Prado, un dos referentes da novena arte en España, será o encargado de presentar o libro de Guillermo Fesser Marcelo e de conversar con este autor sobre o papel que miles de persoas migrantes de orixe hispana tiveron nos EUA durante os anos 50 e 60.
Os migrantes foron e son pezas clave para levantar o país das oportunidades, cruciais, ademais, nun dos sectores máis vertebradores, a hostalaría. Marcelo mira desde os ollos do seu protagonista, o ecuatoriano Marcelo Hernández, barman nun dos locais máis emblemáticos da estación neoiorquina Gran Central.
Máis
Autor
Guillermo Fesser
(Madrid, 1960)
Empezou como xornalista no innovador programa de radio Gomaespuma que, utilizando o humor para contar noticias, mantívose máis de vinte anos en antena e chegou a alcanzar un millón de seguidores diarios. Xunto co seu irmán, o director de cine Javier Fesser, escribiu guións de longametraxes míticas como El Milagro de P. Tinto, e dirixiu películas emocionantes como Cándida ou El monstruo invisible. Fesser é autor de varios libros de éxito, entre eles, a biografía da súa asistenta, Cándida: Cuando Dios ahoga, aprieta pero bien; ou o relato sobre a vida cotiá nos Estados Unidos, A cien millas de Manhattan. Os seus libros infantís Ruedas y El enigma del Campamento MT e Conoce a Bernardo de Gálvez lense con regularidade nas clases de moitos colexios de España e EUA.
Na actualidade, Fesser reside en Rhinebeck, Nova York, desde onde realiza labores de correspondente para o programa televisivo El Intermedio e dirixe, xunto co seu amigo da facultade e inseparable compañeiro de micrófono, Juan Luis Cano, a Fundación Gomaespuma. Baixo o lema «Pequenos proxectos, pero que se fagan», a fundación está dedicada a educar cun sorriso as nenas e nenos máis desfavorecidos e hoxe mantén proxectos en Ucraína, Sri Lanka, Filipinas, Senegal, Nicaragua e España.
O seu último proxecto chámase Marcelo, unha novela baseada na biografía do barman do mítico Oyster Bar da estación de Grand Central en Nova York, que en España acaba de publicar a editorial Contraluz.
Miguelanxo Prado
O debuxante galego Miguelanxo Prado é un dos referentes indiscutibles da novena arte en España.
Premio Nacional de Cómic 2013 pola súa obra Ardalén, na que indaga sobre as lembranzas e a memoria. Trazo de tiza é o título dunha das súas obras máis premiadas. Creador de personaxes animados de televisión, como o mítico Xabarín e a súa cuadrilla, do programa Xabarín Club da TVG, traballou tamén nos EUA debuxando a serie Men in Black, producida por Steven Spielberg.
Un dos seus proxectos máis persoais é De Profundis, a súa primeira longametraxe de animación, realizada con pinturas ao óleo a partir de máis de 10 000 debuxos, coa que homenaxea o mar omnipresente na súa obra. Catro anos de traballo que obtiveron unha candidatura aos Goya en 2007 na categoría de animación.
Desde 1998 dirixe o Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico que se celebra cada agosto na súa cidade natal, A Coruña.
Hora
(Sábado) 12:00
Localización
Carpa central
11xun13:00Entrega Recoñecemento Acampa á defensa dos Dereitos Humanos 2022Presenta:13:00
Detalles do evento
II Recoñecemento Internacional á Defensa dos Dereitos Humanos Acampa 2022 O II Recoñecemento Internacional Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos
Detalles do evento
II Recoñecemento Internacional á Defensa dos Dereitos Humanos Acampa 2022
O II Recoñecemento Internacional Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos na súa segunda edición e na categoría internacional recibirao a ONG española Ca-minando Fronteras. Esta organización traballa desde o ano 2002 na asistencia e defensa dos dereitos das persoas migrantes que tentan chegar a España a través da fronteira sur (rutas migratorios de Alborán, Alxeria, Estreito e Canarias).
Esta ONG ofrece asistencia telefónica ás persoas que arriscan as súas vidas nese tránsito, a miúdo en embarcacións que nin sequera son aptas para navegar. Para iso dispón dun teléfono de alertas as 24 horas do día, os 365 días do ano. Cando recibe calquera chamada de socorro, ben das propias persoas en risco ou de familiares ou amigos, contrastan a súa veracidade e alertan as autoridades marítimas de España, Marrocos ou Alxeria co fin de propiciar o rescate. Este sistema de alertas conseguiu salvar máis de 100 000 vidas.
Ca-minando Fronteras tamén presta apoio legal, social e sanitario ás persoas desprazadas e colabora coas familias na identificación das desaparecidas e falecidas, un proceso que os Estados non realizan. Tamén documentan os abusos. Os seus informes anuais son unha radiografía da necropolítica migratoria que cada ano provoca miles de mortes de persoas de países de todo o mundo, fundamentalmente africanas, no seu intento de chegaren ao noso país.
O traballo de Ca-minando Fronteras incomoda as autoridades dos países implicados. A súa fundadora, a xornalista e escritora Helena Maleno, sufriu ao longo destes anos numerosas violencias para tentar disuadila do seu traballo: intentos de asasinato, agresións físicas ou montaxes policiais. Un acoso e persecución que sofren cada vez máis as e os activistas e organizacións que defenden os dereitos das persoas migrantes e refuxiadas. Esta criminalización estendeuse como a pólvora por todas as fronteiras.
Será, María González, responsable do Eixo Dereito á Vida de Ca-minado Fronteras, quen recolla o recoñecemento na Coruña durante a celebración do VI Encontro Internacional Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio 2022 que se celebrará o 9,10 e 11 de xuño.
II Recoñecemento Local (Galicia)
á Defensa dos Dereitos Humanos Acampa 2022
A destinataria do II Recoñecemento Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos na súa categoría Local (Galicia) é a ONG coruñesa Ecodesarrollo Gaia e, polo tanto, o seu impulsor, o activista coruñés Guillermo Fernández Obanza, Mito, con décadas de traballo ás súas costas na defensa de causas como a ecoloxía, a axuda humanitaria e a solidariedade entre os pobos.
Ecodesarrollo Gaia leva traballando desde 1992. Un dos seus primeiros proxectos foi a formación de pescadores inmigrantes residentes en Galicia para traballar en barcos pesqueiros españois e europeos. A maioría eran do Senegal, país co que a oenegué leva case dúas décadas tecendo proxectos de colaboración como a Escola Coruña, en Yoff-Tonghor, unha aldea de pescadores do norte de Dakar, onde reciben formación nenos, mulleres e mozos e mozas.
Ecodesarrollo Gaia é promotora, tamén, do programa sanitario “Coruña Cura”, que desde o ano 2007 leva persoal médico e medicamentos ao centro da citada cidade senegalesa. É un programa de atención médico-sanitaria dirixido prioritariamente aos nenos e mulleres de Yoff, que durante uns días transforma a Escola Coruña nun ambulatorio de campaña. Desde o ano 2018, grazas a un convenio coa Fundación Multiópticas e a ONG Solidariedade Galega, o programa inclúe tamén atención oftalmolóxica unha vez ao ano. Ademais, en Galicia, Ecodesarrollo Gaia ofrece, desde a súa sede na Coruña, asistencia á poboación senegalesa que chega á cidade, prestándolle acollida inicial, atención sanitaria, acompañamento e asesoramento nos trámites con Estranxeiría ou axuda e formación para a procura de emprego.
O seu máximo representante, Guillermo Fernández-Obanza (Mito) será quen recolla o recoñecemento na Coruña durante a celebración do VI Encontro Internacional Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio 2022 que se celebrará o 9,10 e 11 de xuño.
Máis
Hora
(Sábado) 13:00
Localización
Carpa central
11xun13:30ACTUACIÓN MUSICAL: Grupo DonaireAsociación Cultural Donaire13:30
Detalles do evento
Asociación Cultural Donaire Créase na cidade da Coruña no ano 2000, co obxectivo de recuperar, promover e difundir unha importante parcela da nosa cultura tradicional como é o folclore galego. Conta cunha
Detalles do evento
Asociación Cultural Donaire
Créase na cidade da Coruña no ano 2000, co obxectivo de recuperar, promover e difundir unha importante parcela da nosa cultura tradicional como é o folclore galego.
Conta cunha escola na que se imparten clases de canto e baile, así como instrumentos que tradicionalmente foron utilizados no seu acompañamento, como a gaita, pandeireta, tamboril, bombos, pandeiras e outros instrumentos de percusión menores. Tamén conta cun grupo composto por xoves que, tras anos na escola, amosan nas actuacións o donaire, riqueza e variedade da nosa música e a nosa danza popular, conservando e difundindo o legado cultural que lles transmitiron os seus maiores.
Todas as pezas presentadas, tanto musicais como as de baile, foron seleccionadas logo dun intenso labor de recolleita etnográfica de campo pola xeografía galega, mantendo fielmente as características da súa interpretación. Complétase a actuación con distintos vestiarios acordes a ela.
Aínda que se trata dunha asociación moi nova, a ilusión e dedicación que achegan os seus membros logrou o obxectivo de promover e difundir o noso folclore en multitude de lugares a través da participación en numerosos festivais folclóricos, non só da xeografía galega, senón tamén noutras comunidades ou países, entre os que destacan Francia, Portugal ou Suíza.
Ademais, as múltiples intervencións en televisión e colaboracións con grupos como Berrogüetto, Milladoiro, Quempallou, Pablo Seoane Grupo, Tic Tac de Pablo Díaz, actuacións en todas as provincias galegas e ducias de premios nos concursos polos que pasaron, amosan a valía da asociación.
No ano 2002 gravouse o disco Cantos vellos para rapaces novos en colaboración coa A. C. Santa María de Torás, co que as pezas seleccionadas acadaron unha maior difusión. No 2007 presentouse unha segunda gravación, esta vez en solitario, Dálle Donaire ao corpo, elaborada nos Estudios Mans e coa colaboración da Deputación Provincial e a Fundación Paideia. No 2011 presentouse en DVD Dez anos con Donaire, no que se recolle a gala do X Aniversario da asociación no emblemático Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Máis
Hora
(Sábado) 13:30
Localización
Carpa central
Detalles do evento
Miedo é un libro sobre os temores que artellaron as nosas vidas nos últimos anos e que a covid-19 evidenciou e agudizou, acelerando así o cambio de era no que
Detalles do evento
Miedo é un libro sobre os temores que artellaron as nosas vidas nos últimos anos e que a covid-19 evidenciou e agudizou, acelerando así o cambio de era no que xa estabamos inmersos: a crise do neoliberalismo, o cambio climático, a crecente desigualdade, os éxodos de migrantes e refuxiados, a robotización do mercado laboral e o aumento do desemprego crónico, o encarecemento da vivenda, a crise demográfica, a polarización e a crispación sociais acirradas polos algoritmos das grandes empresas tecnolóxicas ou a privatización dos servizos públicos.
A incapacidade das democracias representativas para daren resposta a estes desafíos acabou por convertelos nunha serie de medos que os partidos populistas e de extrema dereita instrumentalizaron para impoñer a súa axenda e os discursos de odio.
Presentan:
Javier Gallego Crudo
Susana Sánchez Aríns
Máis
Autor
Patricia Simón
Reporteira especializada en dereitos humanos e enfoque feminista.
Foi cofundadora e subdirectora de Periodismo Humano. Realizou coberturas en máis de 25 países.
Desde que comezou a pandemia no 2020, documentou para La Marea as protestas de Iraq, as consecuencias da covid-19, o incendio do campo de persoas refuxiadas de Lesbos, as eleccións presidenciais de Estados Unidos, os atentados xihadistas en Mozambique ou a deforestación en Serra Leoa, entre outras cuestións.
Recibiu o Premio da Asociación Española de Mulleres dos Medios de Comunicación no 2013. Cubriu durante cinco semanas a guerra desde Ucraína e acaba de publicar coa editorial Debate Miedo, un ensaio sobre os temores que definen a nosa era e como os instrumentalizan a ultradereita e os populismos.
Hora
(Sábado) 16:30
Localización
Carpa central
11xun18:00Programa en directo "Carne Cruda"Dirixe e presenta: Javier Gallego Garrido «Crudo»18:00
Detalles do evento
Carne Cruda é un programa de radio e podcast crítico e ácido, que xunta cultura innovadora, activismo social, política, actualidade, humor e música. Anteriormente emitiuse en Radio 3 de RNE e
Detalles do evento
Carne Cruda é un programa de radio e podcast crítico e ácido, que xunta cultura innovadora, activismo social, política, actualidade, humor e música.
Anteriormente emitiuse en Radio 3 de RNE e na Cadena SER. Leva máis de doce anos nas grellas de programación, oito tempadas financiadas enteiramente polos seus oíntes.
Dirixe e presenta: Javier Gallego Garrido «Crudo»
Máis
Autor
Javier Gallego Garrido «Crudo»
Xornalista, músico e ensaio de poeta. No 2009 creou o programa de axitación política e cultural Carne Cruda, para contar a realidade sen edulcorantes, aditivos nin conservantes.
Despois de pasar por Radio 3 e a SER aos que terminou atragoándoselles, montouno pola súa conta co seu equipo nesta república independente da radio.
Publicou poemarios, un cómic e a crónica política «Lo llevamos crudo».
Hora
(Sábado) 18:00
Localización
Carpa central
11xun19:40Encontro: Erradicar a fame é posibleEsteban Beltrán, Fatima Mbengue y Teba Chacón19:40
Detalles do evento
Esteban Beltrán (Amnistía Internacional) Desde xuño de 1997 é Director da Sección Española de
Detalles do evento
Esteban Beltrán
(Amnistía
Internacional)
Desde xuño de 1997 é Director da Sección Española de Amnistía Internacional, e é a súa responsabilidade directa coordinar a súa Oficina Central en Madrid.
Viviu en varios países de América Latina a principios dos anos 90, entre eles Arxentina, Ecuador e Costa Rica nos que traballou como consultor internacional para o desenvolvemento dentro de Amnistía Internacional.
Viviu en Londres e traballou para o Secretariado Internacional da organización en varios postos desde o ano 1992 ao ano 1996. Entre eles foi Responsable para o Desenvolvemento de Amnistía Internacional en América Latina e o Caribe os anos 1992 e 1993. Os anos 1994 e 1995 foi Director da Oficina do Secretario Xeral da Organización, o máis alto funcionario da organización a nivel mundial.
Ata xuño de 1997 foi investigador para violacións de dereitos humanos en Guatemala, Costa Rica e Panamá. O seu traballo consistía en documentar e investigar violacións a estes dereitos nestes países e deseñar o traballo de presión sobre os seus gobernos. Nos últimos anos tamén levou a cabo en nome de Amnistía Internacional misións de investigación en México, Arxentina, Colombia, recollendo testemuños sobre o terreo e falando cos respectivos gobernos. É autor de varios libros e publicacións sobre dereitos humanos, entre eles, ‘Guatemala: ata cando a impunidade’, “Panamá: o dereito para escapar da morte”.
É Diplomado en Estudos de Desenvolvemento polo Birbeck College da Universidade de Londres, estudos que realizou do ano 1993 ao 1995. É profesor universitario invitado, ademais, nos Master de Dereitos Humanos e Cooperación das Universidades de Granada e do País Vasco, do Master de Acción Solidaria en Europa da Universidade Carlos III, do Master de Resolución de Conflitos da Universidade Oberta de Cataluña e do Master de Desenvolvemento Sustentable e Axuda Humanitaria da Universidade de Comiñas.
Fatima Mbengue
(Médicos
del Mundo)
É unha moza activista senegalesa. Naceu o 9 de agosto 1987 en Dakar, en concreto no barrio popular A Medina. Filla única, cursou todo o ciclo primario en Anne-Marie Javoueh. O seu ciclo secundario fíxoo entre Lamine Gueye e Delafosse, onde obtivo o seu bacharelato no 2009.
Despois do bacharelato, incorporouse ao Instituto Superior de Ciencias da Información e a Comunicación (ISSIC), onde obtivo o seu Máster en Márketing Social no 2015.
Iniciou a súa carreira profesional no 2016 coa Asociación Senegalesa para o Benestar Familiar (ASBEF), como xerente de programas de Saúde Reprodutiva.
É unha activista comprometida cos dereitos humanos, o panafricanismo, a loita contra o imperialismo en África. Fátima participou en numerosos movementos da sociedade civil, entre eles Y’en a marre (Estamos Fartos), Non aos Acordos de Comercio da Unión Europea, membro do CADMT (Comité para a Abolición da débeda Ilexítima).
Actualmente, é membro de FRAPP (Fronte por unha Revolución Anti-imperialista Popular e Panafricana), unha das organizacións máis activas en África Occidental na loita polos dereitos humanos, pola soberanía alimentaria e o saqueo dos recursos no continente africano.
Fátima é hoxe en día unha das figuras máis destacadas de FRAPP, participa en moitas frontes: a loita polos dereitos dos prisioneiros nos cárceres, por dereitos dos pacientes nos hospitais senegaleses, etc.
Teba Chacón
Xornalista, vinculada á radio desde hai máis de vinte anos, iniciou a súa andadura radiofónica na emisora da Universidade da Coruña, CUAC FM.
No 2001, o medio convértese na súa profesión grazas á súa incorporación a Los 40 Principales. Presentou o programa A Vivir de La Ser na súa edición local, exerceu como animadora en Carrusel Deportivo Coruña e actualmente é copresentadora do Hoy por Hoy A Coruña, que enche as mañás, de luns a venres, en Radio Coruña.
Máis
Hora
(Sábado) 19:40
Localización
Carpa central
11xun21:00Acto de Clausura, Presentación do Tema ACAMPA 2023Presenta: Xurxo Souto21:00
Detalles do evento
Xurxo Souto Músico e escritor. Licenciado en Filoloxia Clásica pola Universidade de Santiago. Acadou a fama como vocalista da banda de rock Os diplomáticos
Detalles do evento
Xurxo Souto
Músico e escritor. Licenciado en Filoloxia Clásica pola Universidade de Santiago.
Acadou a fama como vocalista da banda de rock Os diplomáticos de Monte Alto.
Desde 1986 traballou en programas de radio en galego, Entre 2005 e 2009 foi subdirector de programas da Radio Galega, e dirixiu o programa “Aberto para reformas”, dedicado a música en galego.
Como escritor, publicou os libros de relatos A tralla e a arroutada (1995), Fumareu (1997) e Tres trebóns (2005), o romance O retorno dos homes mariños (1999) e a colección de artigos Contos da Coruña (2001) e Contos do Mar de Irlanda.
É voz e acordeón da banda “Os Tres Trebons”.
Trabalhou como actor na serie galega Mareas Vivas ou a longametraxe Entre Bateas.
En V Televisión, foi director e presentador de Música Ambiente, que mostraba músicas galegas emerxentes.
Na actualidade, imparte clases de latín no instituto de Sarria.
Máis
Hora
(Sábado) 21:00
Localización
Carpa central