Escola Acampa

Pola paz e o dereito a refuxio

ESCOLA ACAMPA DE DEREITOS HUMANOS

Formación continua ao fío da realidade e dos retos aos que temos que facer fronte coma sociedade. Ese foi o eixe ao redor do que nace a Escola Acampa de Dereitos Humanos.

De nós, para nós. Para afondar no coñecemento dos Dereitos Humanos e dos escenarios e as circunstancias nas que estos son vulnerados.

A temática será ampla e o programa multidisciplinar. Trátase de que os membros da rede, de cada unha das asociacións e colectivos que a integran, poidan especializarse, coñecer a fondo a poliédrica realidade na que os DDHH teñen que facerse prevalecer.

Falaremos de dereitos, pero tamén de ameazas, de xenofobia, dos discursos de odio e a súa permeabilización social, da linguaxe que perpetúa o racismo, da economía e do capitalismo que esquilma bens e pisa dignidades… e farémolo da man de especialistas na materia convidados para que nos aprendan a manexar as ferramentas, os protocolos, os códigos.

Primer Obradoiro

 

Identificar discursos de odio na comunicación

14 y 21 de Abril de 2023

Imparte: Natalia Monge

(Ecos do sur)

Inscrición en:  escola@redeacampa.org

Escola2 Natalia Monje
Escola1 Natalia Monje