Manifiesto: Dereito a Refuxio por Espolio.
coltán, o xade, os fosfatos, son algúns exemplos para ilustrar que detrás dun desprazamento forzoso hai, normalmente, un espolio que o causa e
por iso defendemos o Dereito a Refuxio por Espolio.
Acampa 2020
Mesa redonda online
Unha abordaxe Intercultural para a Educación dos Nenos e Mozos Migrantes e Refuxiados/as en Portugal
Outros encontros On-line en directo
Feitos durante o ano 2020
É unha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucións e empresas con responsabilidade social.
Ten como obxectivo a defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio. Promove a participación e a implicación.
Abre un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente. Profunda nas causas dos acontecementos, para contrastar a información.
Acampa é un movemento que pretende crear unha rede de información, de intercambio de ideas e iniciativas na que participan preto de 60 organizacións, fundamentalmente ONGs; tamén hai sindicatos, partidos e moitas persoas que pensan que a unidade e o traballo conxunto son necesarios para transformar as cousas que non nos gustan. Podemos participar como expresión de compromiso coa paz e o dereito a refuxio.
Acampa 2019
A Coruña, do 20 ao 22 de Xuño de 2019
Acampa 2018
A Coruña, do 14 ao 16 de Xuño de 2018
Acampa 2017
A Coruña, del 15 al 18 de Junio de 2017
Calendario de actividade social na Coruña
Nada del 9 Decembro, 2024 al 9 Xuño, 2025.
Quen pode participar?
Acampa facilita a participación cidadá, cada persoa achega a súa enerxía, a súa capacidade e a súa opinión xunto con: Ong, asociacións, organizacións políticas, sindicatos, institucións, grupos informais, empresas con responsabilidade social, colectivos profesionais, etc.
¿Cómo podes participar activamente?
Facendo música, teatro, fotografía, cinema, humor, poesía… Se tes algunha habilidade coa que queiras participar ou se tes algunha idea que propoñer, NON O DUBIDES, APÚNTATE!