Acampa, Pola paz e o dereito a refuxio

logo_a_bDiario recibimos informacións de acontecementos graves que nos impactan: guerras, fame, escravitude, paro, violencia, exclusión… que provocan o éxodo de millóns de persoas. Seres humanos que foxen da dor, o sufrimento e a morte, buscando refuxio.

Acampa

Somos moitas as persoas que queremos actuar pero non sempre sabemos como. Con esta intención nace   Acampa

Acampa

Prologo - ACAMPA 2021: A vida negada

No 2021 celebramos o quinto aniversario de Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio. Este longo camiño, tan difícil como estimulante, foi posible grazas ao traballo xeneroso das persoas que compoñen a nosa Rede, na que confluímos na defensa dos Dereitos Humanos.

Máis de setenta organizacións locais e internacionais, todo o voluntariado e as persoas que compuxeron os distintos equipos de coordinación cada ano deron o mellor de si mesmas para lograr que esta iniciativa de carácter local acadase a dimensión actual e unha proxección internacional indiscutible.

Sumouse a este traballo o compromiso das institucións públicas Concello, Deputación e Universidade da Coruña, que comprenderon a necesidade de compartir cos movementos sociais da cidade os valores de solidariedade; tamén merecen unha mención especial as empresas que, aplicando o precepto de responsabilidade social corporativa, quixeron sumar o seu apoio á nosa iniciativa. 

Acampa é un movemento transversal que suma e dá protagonismo ao tecido social máis activo de cada cidade onde se constitúe: Coruña, Madrid, Piraçicaba-Sao Paulo (Brasil), Lisboa (Portugal)…Por iso resúltanos incomprensible e abertamente criticable o desinterese da Xunta cara á proposta da Rede Acampa en Galicia, que non é outra que a dun movemento colectivo e plural en defensa dos Dereitos Humanos, e mais sendo o Goberno dun pobo tan históricamente solidario como é o galego.

Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio naceu para mostrar, informar, contrastar, debater e actuar desde a unidade; para estes obxectivos cómprennos todas as mans, a implicación e o compromiso da cidadanía.

Sen dúbida algunha, a situación de pandemia vivida no último ano e medio non axuda. Son tempos de desazo colectivo que debemos superar para seguir actuando. Cada día que pasa perdemos máis dereitos e, o que é máis grave, en moitos casos esta perda pasa inadvertida.

Pouco a pouco quítannos o que custou moitos anos de loita e demasiadas vidas conquistar. Pero non podemos esquecer que os dereitos non son un agasallo: conquístanse e deféndense.

Neste momento, na parte do mundo máis desenvolvida economicamente, avanzamos fronte á pandemia con a vacinación coma garantía. Pero, coma sempre, noutros países, millóns de persoas van ficando atrás, moi atrás. É vital que uns e outros avancemos á xunta, globalmente, sen esquecermos que o dereito á saúde é un dereito humano fundamental.

É un imperativo que as vacinas cheguen a todo o planeta, que revertan nasociedade os miles de millóns que lle entregamos á industria farmacéutica para a investigación, os miles e miles de millóns que xa pagamos polas doses das vacinas, asumindo contratos opacos asinados de costas á cidadanía. 

O espolio e empobrecemento de moitos países por mor da avaricia colonialista non pertence ao pasado; é o presente que acotío narran as persoas que foxen da violencia, da pobreza, da seca, da fame e da extrema desigualdade, incompatibles coa vida. O espolio e a violencia que este leva asociada desequilibran o mundo. A inxustiza non acaba aí. Ao tempo, eses países espoliadores péchanlle as fronteiras ás persoas que foxen na procura de alternativas vitais.

A solidariedade e garantir os Dereitos Humanos debe ser o principal obxectivo político de todo goberno que se defina como democrático, mais a Unión Europea leva décadas pagando a terceiros países con rexímenes nada democráticos para que fagan o traballo sucio de control de fronteiras, sen lles importar os medios que utilicen para logralo. Trátase de impedir «a calquera prezo» que cheguen ás portas da Unión Europea. 

No último informe do Trasnational Institute* (TNI) afóndase nas técnicas utilizadas e as consecuencias destas políticas de «subcontratar e externalizar a represión». As imaxes e os vídeos tomados nos centros de detención financiados pola UE en Europa Oriental, os Balcáns, Asia Occidental, África e outras rexións «mostran condicións similares ás dos campos de concentración», sinala o informe. A incomunicación, as execucións extraxudiciais, a tortura, as violacións, os subornos e o «desterro ao deserto» son algunhas das consecuencias da política europea de fronteiras.

Acampa 2021 recolle o testemuño dun 2020 marcado polo confinamento e que nos deixou co programa previsto a medias. Por iso, nesta edición, queremos continuar desenvolvendo a idea marcada polas organizacións de afondar no espolio, no saqueo como causa de pobreza, de desprazamentos forzosos, de guerras e violencia.

Para reforzar o obxectivo fundacional de Acampa , puxemos en marcha o Recoñecemento Internacional Acampa á defensa dos Dereitos Humanos, que este ano, por votación popular, recaeu no MST, Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra, de Brasil, e mais nun dos referentes da loita social en Galicia, o activista coruñés Nicanor Acosta.

Para que a solidariedade e a garantía dos Dereitos Humanos sexa un obxectivo político de calquera goberno democrático, cómpre a implicación dunha cidadanía ben informada e con capacidade para esixir o rumbo correcto. Fagámolo!

*Informe de Trasnational Institute
https://www.tni.org/files/publication-downloads/externalizar-la-opresion-tni.pdf

Acampa 2021

Exposicións Virtuais

Acampa 2021 - "A Vida Negada"

Refinerias do Delta Bush

Akintunde Akinleye

Os Dous Lados do Muro

Luis de Vega

Terra Verde

Javier Corso

O costo Humano dos Agrotóxicos

Pablo Piovano

Matria

Judith Prat

Deforestación Amazonica

Víctor Moriyama

MST: Terra, Xustiza e Dereitos

Xosé Abad

Encontros On-line en directo

Acampa 2021 “A VIDA NEGADA”

logo_acampa-t_rj

É unha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucións e empresas con responsabilidade social.

logo_acampa-t_rj

Ten como obxectivo a defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio. Promove a participación e a implicación.

logo_acampa-t_rj

Abre un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente. Profunda nas causas dos acontecementos, para contrastar a información.

Acampa é un movemento que pretende crear unha rede de información, de intercambio de ideas e iniciativas na que participan preto de 60 organizacións, fundamentalmente ONGs; tamén hai sindicatos, partidos e moitas persoas que pensan que a unidade e o traballo conxunto son necesarios para transformar as cousas que non nos gustan. Podemos participar como expresión de compromiso coa paz e o dereito a refuxio.

Acampa 2020

A Coruña
do 12 de novembro ao 14 de decembro de 2020

Acampa 2018

A Coruña,
do 14 a o 16 de Xuño do 2018

Acampa 2019

A Coruña,
do 20 a o 22 de Xuño de 2019

Acampa 2017

A Coruña,
do 15 a o 18 de Xuño de 2017

Calendario de actividade social na Coruña

Nada del 2 Outubro, 2024 al 2 Abril, 2025.

Logo Acampa É un encontro cidadán activo no que contamos coa participación das persoas protagonistas, das vítimas, Ong, xornalistas; proxeccións, fotografía, música, teatro, pallasos, eventos artísticos de todo tipo. Tamén visitas guiadas para saber como é un campo de persoas refuxiadas, para entender mellor as verdadeiras causas da guerra.

Quen pode participar?

Acampa facilita a participación cidadá, cada persoa achega a súa enerxía, a súa capacidade e a súa opinión xunto con: Ong, asociacións, organizacións políticas, sindicatos, institucións, grupos informais, empresas con responsabilidade social, colectivos profesionais, etc.

Facendo música, teatro, fotografía, cinema, humor, poesía… Se tes algunha habilidade coa que queiras participar ou se tes algunha idea que propoñer, NON O DUBIDES, APÚNTATE!

Podes colaborar cunha axuda económica, que será empregada para apoiar os intereses e necesidades das persoas refuxiadas, na conta ES46 1491 0001 2530 0007 7549

¿Cómo podes participar activamente?

Patrocinan esta Edición:

Colaboración especial:


Concello de A Coruña
Colaboran:


Diputación de A Coruña
Universidade da Coruna
Oficina Cooperación y Voluntariado
Patrocinan:


Torculo
Radio Coruña Cadena Ser
Torculo
Simpatizan:


GADIS
BYLED
MULTIMEDIA
DESARROLLA
ITH
PRO
Terras
Gauda
ZENIT
CORUÑA