xuño, 2022

09xunTodo o día07xulSilvia LandiGlobesity(Todo o día) Xardíns de Méndez Núñez

Detalles do evento

Globesity

Durante moito tempo considerouse que a desnutrición era o principal problema que afectaba aos países de ingresos baixos e medios. Porén, unha nova ameaza denominada «globesidade» plana agora sobre o mundo. De feito, por primeira vez na historia da humanidade, a obesidade é máis habitual ca a desnutrición, especialmente entre os grupos de poboación máis desfavorecidos.

As causas deste fenómeno non hai que buscalas no exceso de alimentos, senón que son produto, en gran medida, da pobreza, a globalización dos alimentos procesados e a falta de oportunidades e acceso dos grupos de poboación máis pobres a alimentos de calidade e a unha atención médica adecuada. Brasil, Sudáfrica e México son algúns dos países que se enfrontan a esta grave situación. En Brasil, a taxa de obesidade case se duplicou nas últimas décadas; Sudáfrica afronta os maiores desafíos nutricionais do mundo debido ao alto consumo de comida lixo e ao limitado acceso a alimentos saudables; e México, onde o 50 % da poboación vive por baixo do limiar da pobreza, ten unha das taxas de obesidade máis elevadas do mundo.

Globesidade é un proxecto fotográfico que nace para documentar este complexo fenómeno en contextos en que a relación entre obesidade e pobreza é especialmente rechamante, unha oportunidade para ofrecer unha perspectiva diferente sobre temas importantes como o impacto do sistema alimentario global, a inseguridade alimentaria e o ambiente obesoxénico en persoas vulnerables de todo o mundo.

No contexto actual de lentificación económica, a obesidade adquire novas formas de pobreza e exclusión social, facendo especialmente vulnerables as mulleres e os nenos, o que debilita a súa futura mobilidade social, económica e política ascendente.

Máis

Autor

Autor/a

Silvia Landi

Silvia Landi

É graduada en psicoloxía, ten un máster en psicoterapia e traballou como psicoterapeuta durante varios anos antes de iniciar a súa carreira como fotógrafa independente.

Logo dunha clase maxistral en fotografía documental e reportaxe fotográfico, a principal fonte de inspiración para os seus proxectos a longo prazo foron as cuestións sociais e antropolóxicas e as súas consecuencias psicolóxicas.

Os seus traballos publicáronse en varias revistas, expuxéronse e proxectáronse en diversos festivais e museos, e recibiu varios recoñecementos internacionais, como o premio á sostibilidade alimentaria outorgado pola Fundación Thomson Reuters e o Barilla Center for Food and Nutrition (Centro Barilla para a Alimentación e a Nutrición). Na actualidade, traballa en varios proxectos que xiran arredor do tema da obesidade, a saúde e a alimentación e como consultora para algunhas oenegués e fundacións italianas.

Hora

Xuño 9 (Xoves) - Xullo 7 (Xoves)

Localización

Xardíns de Méndez Núñez

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

X