xuño, 2022

10xun19:30Encontro: As Causas da fameVandana Shiva, Rafael Poch e Guillermo Fesser19:30 Carpa central

Detalles do evento

Vandana Shiva

Vandana Shiva

Formouse como física e escribiu a súa tese de doutoramento sobre o tema “Variables ocultas e non localidade na teoría cuántica”, na Universidade de Western Ontario, en Canadá.

Máis tarde dedicouse á investigación interdisciplinaria en ciencia, tecnoloxía e política medioambiental, que desenvolveu no Indian Institute of Science e no Indian Institute of Management de Bangalore.

En 1982 fundou un instituto independente, a Fundación de Investigación para a Ciencia, a Tecnoloxía e a Ecoloxía (Research Foundation for Science, Technology and Ecology en Dehradun) na India, dedicada á investigación independente e de alta calidade para abordar os problemas ecolóxicos e sociais máis importantes do noso tempo, en estreita colaboración coas comunidades locais e os movementos sociais.

En 1991 fundou Navdanya, un movemento nacional para protexer a diversidade e integridade dos recursos vivos, especialmente as sementes autóctonas, a promoción da agricultura ecolóxica e o comercio xusto. En 2004 fundou Bija Vidyapeeth, un centro universitario internacional para a vida sostible, situado no val de Doon, en colaboración co Schumacher College do Reino Unido. A doutora Shiva combina a apaixonada investigación intelectual cun activismo valente. En 2003, a revista Time identificou a doutora Shiva como “heroe” medioambiental e Asia Week cualificouna como unha das cinco comunicadoras máis poderosas de Asia. En novembro de 2010, a revista Forbes identificou a doutora Vandana Shiva como unha das sete mulleres máis poderosas do mundo.

Recibiu doutorados honoríficos da Universidade de París, a Universidade de Western Ontario, a Universidade de Oslo, o Connecticut College e a Universidade de Guelph. Entre os seus numerosos galardóns, encóntranse o Premio Nobel Alternativo (Right Livelihood Award, 1993), a Orde da Arca de Ouro, o Premio Global 500 da ONU e o Premio Internacional do Día da Terra.

 

Rafael Poch

Rafael Poch

Correspondente internacional durante 35 anos, a maior parte deles en Moscova e Pequín para o rotativo La Vanguardia. Tamén foi correspondente de Die Tageszeitung e correspondente itinerante en Europa do Leste (1983-1987).

Foi colaborador ocasional da edición española de Le Monde Diplomatique e da revista DuShu de Pequín, así como autor de varios libros sobre Rusia e China.

Colaborador de Ctxt baixo o epígrafe “Imperios Combatientes”, mantén o blogue rafaelpoch.com.

Guillermo Fesser

Guillermo Fesser

(Madrid, 1960)

Empezou como xornalista no innovador programa de radio Gomaespuma que, utilizando o humor para contar noticias, mantívose máis de vinte anos en antena e chegou a alcanzar un millón de seguidores diarios. Xunto co seu irmán, o director de cine Javier Fesser, escribiu guións de longametraxes míticas como El Milagro de P. Tinto, e dirixiu películas emocionantes como Cándida ou El monstruo invisible. Fesser é autor de varios libros de éxito, entre eles, a biografía da súa asistenta, Cándida: Cuando Dios ahoga, aprieta pero bien; ou o relato sobre a vida cotiá nos Estados Unidos, A cien millas de Manhattan. Os seus libros infantís Ruedas y el enigma del Campamento MT e Conoce a Bernardo de Gálvez lense con regularidade nas clases de moitos colexios de España e EUA.

Na actualidade, Fesser reside en Rhinebeck, Nova York, desde onde realiza labores de correspondente para o programa televisivo El Intermedio e dirixe, xunto co seu amigo da facultade e inseparable compañeiro de micrófono, Juan Luis Cano, a Fundación Gomaespuma. Baixo o lema «Pequenos proxectos, pero que se fagan», a fundación está dedicada a educar cun sorriso as nenas e nenos máis desfavorecidos e hoxe mantén proxectos en Ucraína, Sri Lanka, Filipinas, Senegal, Nicaragua e España.

Máis

Hora

(Venres) 19:30

Localización

Carpa central

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

X