Documental: O escritor dun país sen librerías
Detalles do evento
O escritor dun país sen librerías Presenta o protagonista, Juan Tomás Ávila Laurel (Guinea Ecuatorial). Dirección: Marc Serena Duración: 1:20 h. Guinea Ecuatorial é un país aínda novo. Independizouse de España
Detalles do evento
O escritor dun país sen librerías
Presenta o protagonista, Juan Tomás Ávila Laurel (Guinea Ecuatorial). Dirección: Marc Serena Duración: 1:20 h.
Guinea Ecuatorial é un país aínda novo. Independizouse de España hai 52 anos e converteuse nun dos estados máis illados de África.
Entramos acompañados do seu escritor máis traducido, Juan Tomás Ávila Laurel, que no 2011 tivo que refuxiarse en España por denunciar a ditadura de Teodoro Obiang, considerada unha das máis represivas do mundo.
A través dos seus libros adentrámonos nun recuncho de África onde se encontran algunhas das vítimas máis invisibles do franquismo e que, aínda agora, sofre as consecuencias de dous séculos de dominación colonial.
Unha película que combina animación, imaxes de arquivo e música da cantante máis internacional do país, Concha Buika.
Máis
Hora
(Xoves) 18:00(GMT+02:00)
Localización
Carpa central
Comentarios Recentes