Documental: O escritor dun país sen librerías

xov09sep18:0018:00(GMT+02:00) Documental: O escritor dun país sen libreríasDircción: Marc Serena, Presenta Juan Tomás Ávila LaurelCarpa central

Detalles do evento

O escritor dun país sen librerías

Presenta o protagonista, Juan Tomás Ávila Laurel (Guinea Ecuatorial). Dirección: Marc Serena Duración: 1:20 h.
Guinea Ecuatorial é un país aínda novo. Independizouse de España hai 52 anos e converteuse nun dos estados máis illados de África.
Entramos acompañados do seu escritor máis traducido, Juan Tomás Ávila Laurel, que no 2011 tivo que refuxiarse en España por denunciar a ditadura de Teodoro Obiang, considerada unha das máis represivas do mundo.
A través dos seus libros adentrámonos nun recuncho de África onde se encontran algunhas das vítimas máis invisibles do franquismo e que, aínda agora, sofre as consecuencias de dous séculos de dominación colonial.
Unha película que combina animación, imaxes de arquivo e música da cantante máis internacional do país, Concha Buika.

Máis

Hora

(Xoves) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Carpa central

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *