Encontro

Como se constrúe un conflito bélico

 

Manuel Rivas – Relator
Xose Manuel Sande – Relator
Carmen Armada – Presenta

Xeopolítica, as relacións internacionais e cuestións militares.

Manuel e Xosé falan nun ámbito común para a reflexión e compresión colectiva para ver como se constrúen as guerras…
Empezan facendo referencia ao comezo do movemento 15- M e as revoltas da primavera árabe en varios países (ano 2.011)… na maioría dos países que se experimentou un aire de rebeldía e petición de melloras que foi acalado e silenciado nun breve tempo, aínda que se mantiveron brotes de esperanza….
Como se inicia unha escala de odio, como a linguaxe se transforma nun instrumento propagandístico de control nas mentes das poboacións, como se constrúe o complexo militar industrial, como se constrúe de maneira industrial a mentira e a manipulación…
Como a linguaxe da guerra esconde, manipula e axúdalles a sufocar as revoltas das demandas que esixen as poboacións oprimidas, coa intención de anulalas; como é a relación da economía co militarismo e o poder; como se crea a dinámica de amigo-inimigo…

17 de Xuño de 2017