Noelia García Rodríguez

Noelia García Rodríguez

Responsable do equipo médico nel Dignity I de Médicos sen Fronteiras

Enfermeira con Máster en Medicina tropical e saúde internacional, posgrao en enfermería cirúrxica e licenciada en Antropoloxía.

Comezou a súa experiencia profesional con Médicos sen Fronteiras no 2004 traballando en clínicas móbiles en Angola. A partir de aí foi conciliando o seu traballo en diferentes hospitais e clínicas en España con saídas a terreo con MSF, traballando en diferentes postos, proxectos e lugares coa organización: enfermeira responsable do programa de nutrición ambulatorio en Sudán (Darfur), en Etiopía e en Iemen; referente médico para apoio a unha maternidade en Somalia; enfermeira responsable na emerxencia de meninxite en Nixeria e da emerxencia de cólera en Haití; referente médico para o proxecto regular (Hospital, clínicas móbiles e nutrición) en Etiopía; xerente do hospital cirúrxico en Siria; coordinadora médica no brote de meninxite en Sudán do Sur ( Malakal); Enfermeira Responsable de Actividades e preparación doutras enfermeiras para levar as campañas de vacinación en Siria; referente médico do proxecto de pediatría en Guinea Bissau, no proxecto de Yambio en Sudán do Sur e no barco Dignity I no Mediterráneo; coordinadora médica no brote de febre amarela en Angola.

Ademais tamén realizou accións de formación no curso de meninxite, no curso de Resposta a emerxencias. Actualmente está a traballar como apoio ao referente de formación do Departamento Médico.

Participacións

Crise humanitaria no Mediterraneo: "legalidade e realidade" na crise das persoas refuxiadas no Mediterráneo.

Encontro