Federico Pichel

Federico Pichel

ONG AIRE

Federico Pichel Ferreiro, estudou Ciencias económicas e empresariais pola universidade da Coruña, pero exerce como bombeiro desde hai máis de 14 anos, traballo que compaxina co seu voluntariado en ONG A.I. R.E. da que é o actual presidente.

Formouse especialmente no mundo das emerxencias no medio acuático e sanitario, sendo mergullador profesional na especialidade de rescate, especialista en salvamento e socorrismo acuático, patrón de embarcación e técnico en emerxencias sanitarias, con ampla formación sanitaria no mar e en actividades subacuáticas.

Aínda que desde sempre estivo comprometido nos valores de solidariedade e colaborou con numerosas organizacións, é a partir da foto do pequeno Aylan cando decide implicarse de maneira directa co drama das persoas refuxiadas.

Participacións

Salvar vidas, obrigación ou delito?

Encontro