setembro, 2021

09sepTodo o día08outJavier CorsoTerra verde(Todo o día) Xardíns de Méndez Núñez

Detalles do evento

Terra Verde

O problema da tenencia de terra é o conflito máis antigo de Colombia. A loita polo control da riqueza desta, e o dereito para explotar os seus recursos, é unha disputa vixente na que o elo máis débil pugna por sobrevivir. Durante décadas as minas de Muzo, a capital mundial da esmeralda, produciron unha inmensa fortuna para os seus propietarios. A finais do século pasado sucedéronse distintos conflitos entre líderes esmeralderos para facerse co control do territorio durante as denominadas “Guerras Verdes”. Naqueles tempos, os chamados “ barequeros” –buscadores de esmeraldas– contábanse por miles na crebada do Río Mineiro, esperando atopar baixo a negra terra aquela xema que os sacase da extrema pobreza. Despois de que as leis ambientais de Colombia prohibisen ás empresas botar ao río a terra sobrante das escavacións mineiras, tan só unhas decenas de “ barequeros” seguen removendo os restos coas súas propias mans.

Máis

Autor

Javier Corso

Javier Corso

(1989), empezou a traballar como documentalista no ano 2011.

Como director da axencia creativa e produtora audiovisual OAK STORIES, coordina cada proxecto realizado polos distintos equipos de traballo multidisciplinares.

Desde o ano 2019, el e os seus socios exercen de asesores creativos e produtores de contido para National Geographic Creative Works (España). As súas fotografías foron premiadas, exhibidas e publicadas en distintos certames, festivais e medios de prestixio en distintas partes do mundo. O seu traballo forma parte da mostra itinerante “Creadores de Conciencia”, coordinada por Chema Conesa e Juan Manuel Castro Prieto, que recolle a obra de 40 fotoperiodistas comprometidos.

Corso é Explorer da National Geographic Sociaty desde o ano 2018.

Hora

Setembro 9 (Xoves) - Ouctubro 8 (Venres)

Localización

Xardíns de Méndez Núñez

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

X