Exposición

Arqueoloxía futurista

Daesung Lee – Fotógrafo

A vida nómade foi primordial na cultura tradicional de Mongolia durante todos os períodos da historia. Malia os cambios achegados polo crecemento urbanístico dos últimos anos, un 35 % de mongois viven un estilo de vida nómade e, polo tanto, dependen das grandes extensións de terra para a súa supervivencia. Esta situación é cada vez máis difícil xa que o seu estilo de vida se ve ameazado por grandes cambios na zona. Segundo o estudo realizado polo Goberno de Mongolia, secaron aproximadamente 850 lagos e 2000 ríos e regatos.

Esta perda de auga contribúe á desertificación de Mongolia: un 25 % do seu territorio converteuse en deserto nos últimos trinta anos; potencialmente, o 75% do territorio de Mongolia está en perigo de desertificación. Estes cambios medioambientais son unha ameaza directa á forma de vida nómade de Mongolia, tradicións transmitidas xeración tras xeración durante miles de anos.

Este proxecto pretende recrear unha especie de diorama de museo con habitantes reais e o seu gando nunha localización, agora deserta, de Mongolia. Asenta nunha idea imaxinativa na cal, estas persoas introdúcense nun diorama para a súa supervivencia futura. Realízase mediante grandes impresións colocadas sobre un valo colocado no mesmo punto do horizonte que se representa na foto. Desta maneira, pretendo transmitir a sensación de que a vida destas persoas nómades ocorre nun espazo entre a realidade e o espazo virtual dun museo. Quizais ese estilo de vida nómade, no futuro, só se poida ver en museos.

14 de Xuño / 25 de Xulio de 2018