Exposición

A illa que desaparece

Daesung Lee – Fotógrafo

Na beira dunha illa que desaparece.

A illa Ghoramara está situada na rexión do delta ao oeste de Bengala. O seu estado é o resultado da drástica subida do nivel do mar, a causa do cambio climático. Desde os anos sesenta, as costas desta illa son decontino tomadas polo mar. Desde os anos oitenta, máis do cincuenta por cento do territorio esvaeceuse por mor da erosión marítima. A causa disto, dous terzos da poboación emigraron da illa.

Moitos dos habitantes que seguen vivindo alí son granxeiros e pescadores que dependen dos recursos da illa para a súa supervivencia. Segundo o funcionario público que coñecín, entre os próximos vinte e vinte e cinco anos, o Goberno indio podería abolir a illa e xa formulou un plan de evacuación dos habitantes á illa de Sagar. Porén, este plan de evacuación non asegura ningunha axuda nacional ou
compensación para as persoas forzadas a trasladarse.

Podía ver os rastros dunha herdanza cultural disipándose con cada marea. As raíces desenterradas de plantas esnaquizadas pola erosión ilustrando a ausencia de alicerces na vida destas persoas. O mar está engulindo o seu pasado mentres o seu futuro segue sendo incerto.

14 de Junio / 25 de julio de 2018