Valeria Bello,

Valeria Bello,

Investigadora Senior Research Fellow na Universidade das Nacións Unidas – Instituto sobre a Globalización, a Cultura e a Mobilidade.

É unha das dúas “expertas destacadas” da Universidade da Nacións Unidas polo Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable numero 10: “Reducir a desigualdade en e entre os Países”.

Autora do libro International Migration and International Security. Why Prejudice is a Global Security Threat (Routledge 2017), no que se analizan a causas da migración forzosa, colaborou como experta en tema de migración forzosa, prexuízo e seguridade humana con varios gobernos nacionais e coa sede central de Nacións Unidas en Nova York, así como con varias axencias das Nacións Unidas, como o Alto Comisariato polos Dereitos Humanos, o UN Interregional Crime and Justice Research Institute, e o Departamento de Comunicación Pública de Nacións Unidas.

É actualmente membro do Consello Directivo da European International Studies Association e foi a coordinadora do proxecto de investigación “ PACIFIC”, co cal se analizaron os principais retos políticos e as consecuencias en termos de seguridade humana que implican as migracións forzosas debidas ao cambio climático nas Illas do Pacífico.

Participacións

Cambio climático, millóns de persoas en perigo

Encontro