setembro, 2021

09sepTodo o día08outXosé AbadMST: Terra, Xustiza e Dereitos(Todo o día) Xardíns de Méndez Núñez

Detalles do evento

MST: Terra, Xustiza e Dereitos

O Movemento dos Traballadores Rurais Sen Terra (MST) é un movemento social brasileiro que loita pola reforma agraria e a xustiza social.
Orixinouse en oposición ao modelo máis concentrado e excluínte de reforma agraria imposto polo réxime militar, incluída a modernización agrícola selectiva, que excluíu os pequenos agricultores. O MST busca, fundamentalmente, a redistribución das terras improdutivas. O seu lema é «Terra, Xustiza e Dereitos».
O grupo atópase entre os movementos sociais máis influentes de América Latina e conta entre os seus membros un millón e medio de campesiños sen terra organizados ao longo de 24 dos 27 estados do Brasil.
Desde a creación do movemento en xaneiro de 1984, foron asasinados 1722 activistas.

Máis

Autor

Xosé Abad

www.estudioabad.com

(Figures – Girona)

Non ano 1979 inicia a súa actividade profesional como correspondente gráfico da axencia EFE e colaborando con diferentes medios. Publica os seus traballos de fotografía documental en diferentes revistas e diarios, como National Geographic, Planeta Humano, El Semanal, El País, Magazine ou La Vanguardia.

Abad é o impulsor da web “Fotógrafos Contra la Guerra”. Creou e dirixiu ‘Revela, Foro Internacional de Fotorreportaje e Sociedade‘ en itinerancia polas principais cidades galegas. Así mesmo, obtivo, o ‘Premio de amigos da Unesco Outorgado‘ á traxectoria profesional na información e a imaxe como compromiso solidario 2007-2008. Foi gañador da primeira edición do Certame de creación fotográfica Luís Ksado, entre outros.

Desde a súa productora desenrolou ao longo das derradeiras décadas diferentes proxectos documentaies, como “O segredo da frouxeira”, gañadora do “Festival Internacional de Cine Independiente Mexicano” con “Contra el silencio, todas las voces” na categoría “Dereitos Humanos”, primeiro premio á mellor longametraxe no “Festival Primavera de Cine”, nomeado nos premios “MESTRE MATEO” ao mellor documental. “A pegada dos avós” seleccionado o mellor documental nos “Premios Mestre Mateo” e no “III Festival Primavera de Cine”, do “ISAAC” sobre o polifacético galegista Isaac Díaz Pardo.

Hora

Setembro 9 (Xoves) - Ouctubro 8 (Venres)

Localización

Xardíns de Méndez Núñez

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

X