setembro, 2021

10sep11:30VISITA GUIADA DO FOTÓGRAFO JAVIER CORSOTerra Verde11:30 Xardíns de Méndez Núñez

Detalles do evento

Terra Verde

O problema da tenza de terra é o conflito máis antigo de Colombia. A loita por controlar a riqueza da terra e o dereito a explotar os seus recursos é unha disputa vixente na que o elo máis feble pugna por sobrevivir.

Durante décadas, as minas de Muzo, a capital mundial da esmeralda, produciron unha inmensa fortuna para os seus propietarios. A finais do século pasado sucedéronse distintos conflitos entre líderes esmeraldeiros para facérense co control do territorio durante as denominadas “Guerras Verdes”. Naqueles tempos, os chamados barequeros –buscadores de esmeraldas–contábanse por miles na quebrada do río Minero; esperaban atopar baixo a negra terra aquela xema que os había sacar da extrema pobreza. Despois de que as leis medioambientais de Colombia lles prohibiran ás empresas botar ao río a terra sobrante das escavacións mineiras, só unhas decenas de barequeros seguen removendo os restos coas súas propias mans.

 

Máis

Hora

(Venres) 11:30

Localización

Xardíns de Méndez Núñez

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

X