VISITA GUIADA da FOTÓGRAFA Lys Arango

xov09xuñ17:0017:00(GMT-11:00) VISITA GUIADA da FOTÓGRAFA Lys ArangoAta que o millo volva medrarXardíns de Méndez Núñez

Detalles do evento

Ata que o millo volva medrar

En Guatemala, un de cada dous nenos sofre desnutrición crónica, a cifra máis alta de América Latina.

O cambio climático está destruíndo as colleitas de centos de miles de pequenos agricultores, alimentando unha crise humana e creando un novo patrón de migración: os refuxiados climáticos. Pero en vez de seguilos no seu exilio, apunto a miña lente cara ás realidades cotiás de onde proveñen estas persoas. Concéntrome nas causas subxacentes, achegándome ás realidades diarias de vivir nun lugar onde a comida escasea.

A desnutrición é un fenómeno pouco documentado. Aínda que todos sabemos que a fame existe, poucas veces vemos as experiencias cotiás dos que a sofren. Os nenos con malnutrición experimentan limitacións físicas e cognitivas, o que, pola súa vez, perpetúa o ciclo da pobreza. No 2019 empecei este traballo de fotografía documental no Corredor Seco Guatemalteco e desenvolvino ao longo de tres anos en comunidades maias de Chiquimula e Huehuetenango, onde establecín unha relación íntima con varias familias e puiden documentar as súas loitas e esperanzas, así como as consecuencias da desnutrición, tamén coñecida como «o asasino silencioso».

Máis

Autor

Lys Arango

Lys Arango

É unha xornalista e fotógrafa documental española radicada en París. Licenciada en Relacións Internacionais e Máster en Periodismo, Lys desenvolve proxectos a longo prazo, nos que explora a fotografía, o texto e o son.

Ademais da súa práctica persoal, Lys traballou para oenegués internacionais, como Médicos Sen Fronteiras e Acción contra a Fame durante emerxencias humanitarias. A súa obra publicouse en varias revistas e xornais internacionais. Entre 2016 e 2019 traballou en 17 países inmersos en profundas crises alimentarias. Agora aborda os temas sociais desde un novo ángulo, explorando como converxen nun contexto histórico e cultural. Na súa práctica, Lys busca comprender completamente as vidas daqueles que fotografa para retratalos coa maior veracidade posible.

No 2021, Lys gañou o premio National Geographic durante o evento de Eddie Addams e foi seleccionada como fotógrafa emerxente pola Axencia VU´ de París para acompañala no desenvolvemento dun proxecto documental ao longo dun ano. Recentemente, a Biblioteca Nacional de Francia outorgoulle unha bolsa para proseguir o seu traballo sobre a fame.

 

Hora

(Xoves) 17:00(GMT-11:00)

Localización

Xardíns de Méndez Núñez

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *