VISITA GUIADA DA FOTÓGRAFA JUDITH PRAT

sab11sep13:0013:00(GMT+02:00) VISITA GUIADA DA FOTÓGRAFA JUDITH PRATMatriaXardíns de Méndez Núñez

Detalles do evento

Matria

MATRIA é o recoñecemento da terra como única patria, a terra en que miña nai, meu pai, as miñas avoas e todos os meus devanceiros afundiron as mans para alimentarnos, como o seguen facendo 1200 millóns de campesiños que, na actualidade, alimentan o planeta. É, ademais, unha homenaxe á muller campesiña, corazón e motor da agricultura familiar que, ao longo e ancho do planeta, garante a soberanía e a seguridade alimentarias.

MATRIA é un berro de alerta ante as agresións que sofre a nai terra por parte da agroindustria ou a gran minería, piares fundamentais dunha economía especulativa que encontra na alimentación e a explotación salvaxe dos recursos naturais inxentes dividendos. É tamén un berro de auxilio fronte ás violacións dos dereitos humanos que sofre o colectivo campesiño no mundo.

No epicentro desta situación atópase a muller, que padece problemas engadidos como a dificultade para acceder á terra, cuestión determinante pois propicia unha discriminación estrutural (familiar, social e económica) que xera violencias específicas.

Tal é a transcendencia do problema do campesiñado que en decembro de 2018 Nacións Unidas aprobaba a Declaración sobre os dereitos dos campesiños e outras persoas que traballan en zonas rurais.

Este traballo fotográfico propón un relato visual da realidade que a Declaración pretende protexer, desenvolvendo catro dos dereitos máis relevantes que enxalza e documentando situacións en que estes son violados en cinco escenarios distintos do planeta. Tamén se achegan as pegadas visuais das alternativas propostas desde a comunidade rural, con especial atención ás protagonizadas por mulleres.

Máis

Hora

(Sábado) 13:00(GMT+02:00)

Localización

Xardíns de Méndez Núñez

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *