Teatro: Atrapadas

sab11sep16:0016:00(GMT+02:00) Teatro: AtrapadasGrupo: Maquinarias TeatroCarpa central

Detalles do evento

Atrapadas

“Imposible diferenciar un día doutro. Difícil confiar en que pasará algo que poda cambiar as cousas. A rutina da supervivencia imponse á miseria de saber que, trala longa viaxe, despois de resistir os bombardeos e de soportar a dureza do camiño, chegamos a esta situación. Europa converteuse nunha decepción inmensa, case inasimilable, para as “afortunadas” que chegamos con vida ao Vello Continente…“ ATRAPADAS conta o periplo de Somod, Aicha, Amal, Anin, Zahraa e Hasisa, mulleres sirias refuxiadas no porto do Pireo en Grecia, un dos maiores campos de persoas refuxiadas que chegan fuxindo da guerra de Siria. Dúas actrices poñen corpo e voz ás testemuñas reais destas mulleres que nos falan da súa fuxida da guerra: a dura viaxe cara ao Pireo, a fame, as violacións, as condicións sanitarias, a separación das familias… Desgranan as súas vidas coa palabra. ATRAPADAS apóiase no relato das actrices e nos obxectos cotiás, que ilustran a narración e cobran un forte poder simbólico.

Documento en PDF: Maquinarias Teatro, Ferrol – Atrapadas

INTÉRPRETES: Eugenia Sanmartín Helga Méndez

DRAMATURXIA, PRODUCIÓN E DIRECCIÓN: Helga Méndez Eugenia Sanmartín

REXEDURÍA: Cristina Mariño

LOCUCIÓNS: Daniel García Fadile Tibisay

FOTO: Carmen Pardo

VÍDEO PROMO: Carmen Pardo Eugenia Sanmartín Helga Méndez

Máis

Hora

(Sábado) 16:00(GMT+02:00)

Localización

Carpa central

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *