setembro, 2021

11sep20:40Richi CasasIntrodución musical20:40

Detalles do evento

Introdución musical: Richi Casas

É un saxofonista virtuoso, que cultiva estilos moi diversos, sempre en clave de emoción: Tocou na orquestra Os Satélites, foi membro fundador do conxunto bravú Os Papaqueixos. O argumento central do seu concerto de fin de carreira, especialidade de jazz no Conservatorio Superior da Coruña, foron as gravacións que a musicóloga Dorothé Schubarth lle fixo á súa avoa, Rosa, en Cerceda nos anos 70. Entre outros proxectos, Richi Casás foi o director musical do “Pardiñazo” un gran concerto (máis de tres horas de música, once músicos no escenario), creado para a celebración do XL aniversario do Festival de Pardiñas, en Guitiriz.

Máis

Hora

(Sábado) 20:40

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

X