PRESENTACIÓN DO CÓMIC “Coma se nunca fosen"

ven21xuñ13:0013:00(GMT+02:00) PRESENTACIÓN DO CÓMIC “Coma se nunca fosen"De Juan Gallego e Javier Gallego 'crudo'Carpa central

Detalles do evento

Un cómic lírico e de denuncia que aborda o drama humano das persoas refuxiadas que morren no Mediterráneo. Un proxecto benéfico.

“Coma se nunca fosen” é un longo poema ilustrado sobre a traxedia das persoas que morren no mar tentando chegar a Europa. Hoxe sabemos que nas últimas dúas décadas máis de 35 000 persoas pereceron no Mediterráneo. Hai poucos meses publicouse, incluso, unha listaxe de desaparecidos, dos que moitas veces non se coñece nin o nome. Antes, en 2015, aparecía un chocante titular de prensa que foi a orixe deste álbum: «Poida que morreran 900 persoas onte no Mediterráneo». Nin sequera a súa morte era segura.

Por todas elas, polas que foron e polas que serán, entoan os autores esta pregaria estremecedora: polos cadáveres de nenos, mulleres e homes que as augas arrastran á ribeira, polos fantasmas que ninguén viu partir, polos mortos que se perden para sempre na profundidade do noso mar.

Máis

Hora

(Venres) 13:00(GMT+02:00)

Localización

Carpa central

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *