Presentación do libro de Guillermo Fesser "Marcelo"

sab11xuñ12:0012:00(GMT+02:00) Presentación do libro de Guillermo Fesser "Marcelo"Presentado por: Miguelanxo Prado y Guillermo FesserCarpa central

Detalles do evento

O debuxante galego Miguelanxo Prado, un dos referentes da novena arte en España, será o encargado de presentar o libro de Guillermo Fesser Marcelo e de conversar con este autor sobre o papel que miles de persoas migrantes de orixe hispana tiveron nos EUA durante os anos 50 e 60.

Os migrantes foron e son pezas clave para levantar o país das oportunidades, cruciais, ademais, nun dos sectores máis vertebradores, a hostalaría. Marcelo mira desde os ollos do seu protagonista, o ecuatoriano Marcelo Hernández, barman nun dos locais máis emblemáticos da estación neoiorquina Gran Central.

Máis

Autor

Guillermo Fesser

Guillermo Fesser

(Madrid, 1960)

Empezou como xornalista no innovador programa de radio Gomaespuma que, utilizando o humor para contar noticias, mantívose máis de vinte anos en antena e chegou a alcanzar un millón de seguidores diarios. Xunto co seu irmán, o director de cine Javier Fesser, escribiu guións de longametraxes míticas como El Milagro de P. Tinto, e dirixiu películas emocionantes como Cándida ou El monstruo invisible. Fesser é autor de varios libros de éxito, entre eles, a biografía da súa asistenta, Cándida: Cuando Dios ahoga, aprieta pero bien; ou o relato sobre a vida cotiá nos Estados Unidos, A cien millas de Manhattan. Os seus libros infantís Ruedas y El enigma del Campamento MT e Conoce a Bernardo de Gálvez lense con regularidade nas clases de moitos colexios de España e EUA.

Na actualidade, Fesser reside en Rhinebeck, Nova York, desde onde realiza labores de correspondente para o programa televisivo El Intermedio e dirixe, xunto co seu amigo da facultade e inseparable compañeiro de micrófono, Juan Luis Cano, a Fundación Gomaespuma. Baixo o lema «Pequenos proxectos, pero que se fagan», a fundación está dedicada a educar cun sorriso as nenas e nenos máis desfavorecidos e hoxe mantén proxectos en Ucraína, Sri Lanka, Filipinas, Senegal, Nicaragua e España.

O seu último proxecto chámase Marcelo, unha novela baseada na biografía do barman do mítico Oyster Bar da estación de Grand Central en Nova York, que en España acaba de publicar a editorial Contraluz.

 

Miguelanxo Prado

Miguelanxo Prado

O debuxante galego Miguelanxo Prado é un dos referentes indiscutibles da novena arte en España.

Premio Nacional de Cómic 2013 pola súa obra Ardalén, na que indaga sobre as lembranzas e a memoria. Trazo de tiza é o título dunha das súas obras máis premiadas. Creador de personaxes animados de televisión, como o mítico Xabarín e a súa cuadrilla, do programa Xabarín Club da TVG, traballou tamén nos EUA debuxando a serie Men in Black, producida por Steven Spielberg.

Un dos seus proxectos máis persoais é De Profundis, a súa primeira longametraxe de animación, realizada con pinturas ao óleo a partir de máis de 10 000 debuxos, coa que homenaxea o mar omnipresente na súa obra. Catro anos de traballo que obtiveron unha candidatura aos Goya en 2007 na categoría de animación.

Desde 1998 dirixe o Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico que se celebra cada agosto na súa cidade natal, A Coruña.

Hora

(Sábado) 12:00(GMT+02:00)

Localización

Carpa central

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *