Pablo Tosco (Oxfam Intermón)

xov09xuñTodo o díaxov07xul(Todo o día)(GMT+02:00) Pablo Tosco (Oxfam Intermón)Sen refuxio para a fameXardíns de Méndez Núñez

Detalles do evento

Sen refuxio para a fame

Dariya, Aisha, Yagana e Fatoumata fuxiron da violencia inflixida por Boko Haram ao entrar nas súas comunidades. Foron testemuñas do asasinato dos seus homes, do recrutamento forzoso dos seus fillos e do secuestro das súas fillas. Na fuxida atravesaron desertos e fronteiras, deixando atrás os seus fogares e medios de vida, que xa eran escasos.

No 2014, Abubakar Sheku, líder de Boko Haram, inicia o seu legado de barbarie co secuestro de 200 nenas nunha escola da localidade de Chibock, que se suman ás máis de 3000 secuestradas desde 2014, recrutadas como escravas sexuais, vendidas e obrigadas a casar. Pero é só unha das múltiplas operacións da súa cruel e salvaxe acción na rexión do lago Chad.

A cunca do lago Chad comprende catro países: Camerún, Nixeria, Níxer e Chad. É o escenario dos enfrontamentos entre Boko Haram e as forzas militares desde hai anos. E no medio deste conflito, coma en todas as guerras, a principal vítima é a poboación civil.

A violencia deste e outros grupos xihadistas afíns desatou unha crise humanitaria de dimensións extremas e forzou o desprazamento duns 2,5 millóns de persoas en toda a rexión.

Segundo o Proxecto de Datos de Eventos e Localización de Conflitos Armados (ACLED), máis de 37 500 persoas morreron no conflito ata o 31 de xullo de 2020.

Diferentes organizacións humanitarias calculan que máis de dez millóns de persoas necesitan protección vital e axuda humanitaria.

Ao desprazamento forzoso, as violacións e secuestros, os asasinatos e atentados súmanse a fame, a outra ferida desta guerra.

Algunhas das persoas desprazadas encontraron refuxio en comunidades que xa afrontaban desafíos de supervivencia, exercendo máis presión sobre os escasos recursos locais, pero a maioría quedaron varadas no medio do deserto sen auga e sen comida. Sen refuxio para a fame.

Máis

Autor

Pablo Tosco
(Oxfam Intermón)

Pablo Tosco (Oxfan Intermón)

Este foto-vídeo xornalista arxentino focalizou o seu traballo no impacto dos conflitos armados, a crise climática e a desigualdade na vida das persoas máis vulnerables; as historias silenciadas desas persoas evidencian as desigualdades e inxustizas e aspiran a xerar coñecemento para a transformación social.

Entre 2004 e 2021 coordinou a unidade de produción de contidos multimedia de Oxfam Intermón, documentando e recollendo testemuños sobre proxectos de cooperación, desenvolvemento e acción humanitaria en África, América Latina e Asia.

É membro fundador do colectivo de xornalismo narrativo Angular, integrado por profesionais do xornalismo e do sector audiovisual, especializados no desenvolvemento de proxectos documentais multiplataforma con enfoques para a transformación e o impacto social.

Documentou, entre outros, proxectos educativos e de construción de paz en Angola; a vida cotiá nos campamentos de persoas refuxiadas e desprazadas internas na República Centroafricana, Iemen, Siria, Chad, Sudán do Sur, Nixeria, Burundi, Xordania, Líbano e Iraq; proxectos de apoderamento de mulleres en Marrocos e Uganda; o traballo das asociacións de campesiñas contra as violencias de xénero en Nicaragua, Colombia e Guatemala; as vítimas do terremoto de Haití, Filipinas, Nepal e Ecuador; o impacto da seca e a crise alimentaria en Tanzania, Etiopía, Somalilandia, Mauritania, Burkina Faso e as rutas migratorias de Oriente Medio, África Subsahariana e do Magreb cara a Europa.

O seu traballo sobre o conflito no Iemen para Oxfam foi galardoado co primeiro premio World Press Photo 2021 na categoría de ‘Temas Contemporáneos’ e os documentais District Zero e Harmonies for after war foron seleccionados e premiados en festivais internacionais de cine.

 

Hora

Xuño 9 (Xoves) - Xullo 7 (Xoves)(GMT+02:00)

Localización

Xardíns de Méndez Núñez

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *