Luis de Vega

xov09sepTodo o díaven08out(Todo o día)(GMT+02:00) Luis de VegaOs dous lados de muroXardíns de Méndez Núñez

Detalles do evento

Os dous lados de muro

Co ditador Francisco Franco moribundo, o rei Hasán II deu o golpe de graza á presenza española no Sahara Occidental coa Marcha Verde (1975). Pouco durou xa a presenza española, cuxas últimas tropas levantaron o voo na coñecida como Operación Andoriña (febreiro de 1976). Desde entón pasou case medio século e o proceso de descolonización do Sahara que debería esixir Nacións Unidas segue atascado nas areas do deserto. Non hai o máis mínimo interese. España, como potencia oficialmente responsable do territorio, e Marrocos, como ocupante de facto, senten cómodos no medio da indiferenza da comunidade internacional. O Reino alauí levantou un larguísimo muro no medio do deserto para tratar de impedir o regreso dos saharauís e evitar posibles ataques dunha Fronte Polisario cuxa capacidade militar, sen apoio externo, é case nula. Máis aló do drama de decenas de miles de refuxiados abandonados todas estas décadas nos campos de refuxiados preto de Tinduf (Alxeria), o control dos recursos naturais como os fosfatos, a area, a pesca ou os hidrocarburos seguen en mans de Rabat e sen espertar tampouco excesivo interese nin por parte de Nacións Unidas nin por parte do resto de países. Este texto podería perfectamente escribirse hai varias décadas sen que perdese vixencia algunha. A colonia máis antiga de África non é noticia habitual.

Máis

Hora

Setembro 9 (Xoves) - Ouctubro 8 (Venres)(GMT+02:00)

Localización

Xardíns de Méndez Núñez

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *