Judith Prat

xov12novTodo o díalun14dec(Todo o día)(GMT+01:00) Judith PratColtánJardines de Mendez Nuñez

Detalles do evento

No leste da República Democrática do Congo concéntranse o 80% das reservas mundiais de coltán, un mineral fundamental para o desenvolvemento de novas tecnoloxías como a telefonía móbil, a fabricación de computadores, armas intelixentes ou industria aeroespacial.

Existe unha complexa rede de intereses internacionais creados para saquear a zona. Países veciños como Ruanda, a través dos cales sae o coltán do país; multinacionais de todo o mundo, destinatarios últimos deste espolio ilegal; ou os propios gobernantes congoleños, corruptos e incapaces de atallar o problema, son os responsables de que o país vivise todos estes anos un conflito con multitude de grupos armados operando na zona, financiados e ao servizo destes intereses.

As condicións de traballo dos mineiros son extremadamente duras e perigosas. Moitos mineiros, desprazados internos do conflito, acoden ás minas fuxindo doutras zonas de maior violencia. Deben enfrontarse a xornadas de traballo de 15 horas por apenas 7 dolares diarios.

Máis

Autor

Judith Prat

Fotógrafa española. Tras licenciarme en dereito empecei a formarme en fotografía documental e fotoperiodismo, pois pronto fun consciente non só da miña paixón pola fotografía senón tamén do poder da imaxe para contar algunhas das realidades coas que me atopaba. A miña traxectoria como fotógrafa vén definida polo meu interese en contar o que ocorre, por sacar á luz realidades que en ocasións non son visibles, por plasmar en imaxes pequenas historias de persoas anónimas que en realidade están a contar como é o mundo no que vivimos.

Nos últimos anos traballei en África, Oriente Medio e America Latina fotografando diferentes temas como o conflito armado e as minas de coltan na R.D. do Congo, a extración de petróleo no Delta do Niger, a violencia de Boko Haram no nordés de Nixeria, os traballadores agrícolas mejicanos en EEUU, as condicións de vida da poboación siria en busca de refuxio nos paises veciños ou o conflito no Kurdistán.

http://www.judithprat.com

Hora

Novembro 12 (Xoves) - Decembro 14 (Luns)(GMT+01:00)

Localización

Jardines de Mendez Nuñez

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *