setembro, 2021

09sep19:30Encontro: Luana Kaingang e Carlos Taibo, Modera Isabel BravoEncontro: Pobos Indíxenas, a loita pola vida - Colapso19:30

Detalles do evento

Encontro:
Pobos Indíxenas, a loita pola vida
Colapso

Luana Kaingang trasladará aos participantes no V Encontro Acampa pola Paz o duro momento que atravesan as comunidades indíxenas no seu país, a presión e persecución do Goberno de Bolsonaro, a quen a súa loita e a difusión desa realidade polo mundo incomoda fondamente. Tamén falará do uso que o Estado fixo coa chegada da COVID 19 aos territorios indíxenas, e o abandono destes en materia sanitaria por parte da sanidade pública abocándoos a un perigo real de extinción.

A presenza de Luana Kaingang estes días na Coruña enmárcase ademáis nun momento crucial, no que máis de 6.000 indíxenas de 173 comunidades distintas achegáronse e acamparon na Praza dos Tres Poderes en Brasilia para reclamar os seus dereitos e berrar contra o chamado “marco temporal” que lles impide reclamar as súas terras ancestrais se non estaban asentados nelas no 1988, data da Constitución vixente en Brasil. Esta medida lexislativa foi tomada pensando en expulsalos para sempre dos seus territorios en beneficio do agronegocio. A APIB ten demandado ao Goberno Bolsonaro por xenocidio e ecocidio.

Tal e coma manifestou Luana na COP-25, “a nosa loita indíxena, hoxe e desde fai 1.500 anos, é sempre a defensa dos nosos territorios e do noso medio ambiente. É esa ligazón con o sagrado, o invisible, o que fai o “bo vivir” do noso corpo e do noso espírito. O noso ben máis precioso estase esgotando. Precisamos manternos en pé para defender o futuro dos noso fillos. A miña traxectoria está trazada polos nosos ancestros, que nos deixaron esa forza para continuar na defensa da Terra Nai”.

Luana Kaingang

Luana Kaingang

Lideresa indíxena Luana Kaingang, membro de APIB (Articulaçao dos Povos Indígenas do Brasil) é coordinadora das mulleres xóvenes do Sul dentro da citada organización e colaboradora da Comisión Nacional da Xuventude Indíxena. Esta graduada en Odontoloxía foi a representante da APIB na Conferencia das Nacións Unidas sobre Cambio Climática COP-25, onde manifestou: “A defensa dos nosos corpos e dos nosos espíritos ven da nosa Terra Nai. O “ben vivir” dos pobos indíxenas e dos non indíxenas respiran e viven ata hoxe por manter en pé a nosa selva, os nosos ríos e a nosa terra”.
Os kaingang, etnia á que pertence, é un pobo agricultor que migra entre aldeas en función das épocas de pesca, de caza, ou de recollida dos alimentos silvestres base da súa alimentación. Habitan desde o sur de Sao Paulo ata o Río Grande do Sul, lonxe das zonas de litoral, tradicionalmente ocupadas por indíxenas doutra etnia, os guaranís. O kaingang é o terceiro maior pobo indíxena de Brasil, integrado por arredor de 37.000 persoas segundo o censo do 2010, aínda que nese conteo non constan os que xa habitan en áreas urbanas polo que a cifra podería elevarse ata os 40.000.

Uno dos valores en risco polo acoso a esta comunidade é a súa lingua. O kaingang, actualmente falado xa só pola metade do total dese colectivo, está en perigo de extinción segundo recoñéceo a propia UNESCO. Por iso, o curso de licenciatura indíxena da Universidade Federal de Santa Catarina traballa na súa preservación e ensino.

Carlos Taibo

Carlos Taibo

Tem sido durante trinta anos professor de Ciëncia Política na Universidade Autónoma de Madrid. Entre os seus livros estâo ‘En defensa del decrecimiento’ (Catarata, 2009), ‘Colapso’ (Catarata, 2016; Letra Livre, 2019) e ‘Iberia vaciada. Despoblación, decrecimiento, colapso’.

Isabel Bravo

Modera: Isabel Bravo

Licenciada en CC. da Información pola Universidade Complutense de Madir, a miña traxectoria profesional estivo centrada dende o inicio – e segue estando- na radio, na área dos informativos e de programas. Dirixo o programa de debates sobre temas de actualidade “A Coruña opina” -antes El Coruñés opina-. Formo parte do Colexio de Xornalistas de Galicia e desa iniciativa única na radiodifusión española que se chama “A Radio Conta”. Entre os galardóns que tiven a satisfacción e gratitude de recibir polo meu traballo están: – Premio de Xornalismo “Somos Esenciais” 2020, organizado polo Colexio de Xornalistas de Galicia -ca colaboración de Gadis- polo programa que fixen o primeiro día -domingo- do estado de alarma pola Covid19. “Cando as preguntas aínda non tiñan resposta” foi o seu título. O xurado valoroú o traballo especialmente por “poñer en valor a información local e darlle voz as fontes expertas no primeiro día do confinamento domiciliario”. – Accésit do Premio Albarelo do Colexio de Farmacéuticos de A Coruña en 2020 polo programa A Coruña opina adicado a “Prevención do suicidio. Un problema de saúde pública”.. – IV Premio Periodístico da Fundación do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña 2011 pola reportaxe radiofónica “Más unidas que nunca” sobre o trasplante de riñón en vivo dunha nai a sua filla. O primeiro documento de radio realizado en Galicia sobre unha operación deste tipo nun quirófano. – Premio 1º Mayo otorgado por UGT – Premio Día Internacional da Muller Traballadora 2004, tamén otorgado por UGT.

Máis

Hora

(Xoves) 19:30

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

X