Javier Teniente

xov09xuñTodo o díaxov07xul(Todo o día)(GMT+02:00) Javier TenienteA Terra SecaXardíns de Méndez Núñez

Detalles do evento

A Terra Seca

No mes de maio do 2021 viaxei a Guatemala, percorrendo parte deste Corredor Seco, unha rexión de pobreza extrema onde se atopan algunhas das comunidades máis vulnerables do país; visitei tamén a fronteira que o separa de México e por onde gran parte dos migrantes centroamericanos camiñan cara aos Estados Unidos cruzando o río Suchiate. Quería documentar como a pobreza, a violencia e a desertificación provocada polo cambio climático están a expulsar a miles de centroamericanos que viaxan desesperados aos EUA.

En América Central sobran os motivos para emigrar, pero unha enquisa realizada polo Programa Mundial de Alimentos no Corredor Seco apunta a falta de alimentos como un dos principais detonantes e estímase que, polo menos 1,4 millóns de centroamericanos serán «migrantes ou refuxiados climáticos» para o 2050, xa que é unha das rexións do planeta máis vulnerables fronte ás consecuencias do cambio climático. Doutra banda, os altos niveis de violencia organizada, particularmente no Triángulo norte (Honduras, Guatemala e O Salvador), desencadearon unha crise humanitaria similar á das zonas en conflito: desprazamento forzado, recrutamento infantil, violencia sexual e de xénero e extorsión.

Máis

Autor

Javier Teniente

Javier Teniente

Comezou a traballar como fotógrafo nos diarios Atlántico e Faro de Vigo. Aí aprende o oficio e, logo duns anos de experiencia, inicia a súa carreira como fotógrafo documental, que o levará dun extremo a outro do mundo cubrindo algúns dos máis importantes conflitos provocados pola guerra, a marxinación e os desastres naturais das últimas décadas. As súas fotografías son publicadas en revistas e xornais como El País Semanal, Geo, Interviú, Magazine de La Vanguardia, El Mundo ou Tiempo, e colabora con organizacións internacionais como Médicos do Mundo, Médicos Sen Fronteiras ou Acción contra a Fame.

Recibiu importantes recoñecementos, entre os que destacan o Premio Internacional Luis Valtueña de Fotografía Humanitaria en dúas ocasións (2003 e 2005), o Premio Galicia de Comunicación no 2004 e no 2006 unha mención especial nos Ortega e Gasset de xornalismo.

Hora

Xuño 9 (Xoves) - Xullo 7 (Xoves)(GMT+02:00)

Localización

Xardíns de Méndez Núñez

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *