Javier Corso

xov12novTodo o díalun14dec(Todo o día)(GMT+01:00) Javier CorsoTerra verdeJardines de Mendez Nuñez

Detalles do evento

O problema da tenencia de terra é o conflito máis antigo de Colombia. A loita polo control da riqueza desta, e o dereito para explotar os seus recursos, é unha disputa vixente na que o elo máis débil pugna por sobrevivir.

Durante décadas as minas de Muzo, a capital mundial da esmeralda, produciron unha inmensa fortuna para os seus propietarios. A finais do século pasado sucedéronse distintos conflitos entre líderes esmeralderos para facerse co control do territorio durante as denominadas “Guerras Verdes”. Naqueles tempos, os chamados “ barequeros” –buscadores de esmeraldas– contábanse por miles na crebada do Río Mineiro, esperando atopar baixo a negra terra aquela xema que os sacase da extrema pobreza. Despois de que as leis ambientais de Colombia prohibisen ás empresas botar ao río a terra sobrante das escavacións mineiras, tan só unhas decenas de “ barequeros” seguen removendo os restos coas súas propias mans.

Máis

Autor

Javier Corso

Javier Corso

(1989), empezou a traballar como documentalista no ano 2011.

Como director da axencia creativa e produtora audiovisual OAK STORIES, coordina cada proxecto realizado polos distintos equipos de traballo multidisciplinares.

Desde o ano 2019, el e os seus socios exercen de asesores creativos e produtores de contido para National Geographic Creative Works (España). As súas fotografías foron premiadas, exhibidas e publicadas en distintos certames, festivais e medios de prestixio en distintas partes do mundo. O seu traballo forma parte da mostra itinerante “Creadores de Conciencia”, coordinada por Chema Conesa e Juan Manuel Castro Prieto, que recolle a obra de 40 fotoperiodistas comprometidos.

Corso é Explorer da National Geographic Sociaty desde o ano 2018.

Hora

Novembro 12 (Xoves) - Decembro 14 (Luns)(GMT+01:00)

Localización

Jardines de Mendez Nuñez

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *