Documental: Retomadas, A loita Indíxena

ven10sep17:00ven17:3017:00 - 17:30(GMT+02:00) Documental: Retomadas, A loita IndíxenaDirección: Xosé AbadCarpa central

Detalles do evento

Documental: Retomadas, A loita Indíxena

Dirección: Xosé Abad
Duración: 22′
Unha reserva temporal convertida en eterna condena. Promesas de devolución de terras incumpridas, amoreamento, racismo e escaseza de medios para sobrevivir no corazón dun páramo devastado, travestido nunha xigantesca área de cultivo multintensivo de cana de azucre e soia transxénica destinada á produción de biodiésel. Velaí a realidade dos 17 000 indíxenas das etnias guaraní e kaiowá que malviven confinadas nas pouco máis de 3400 hectáreas que conforman e confinan a Reserva de Dourados.

Retomar o solo e a liberdade

Mentres o tempo pasa sen que nada pase, algúns indíxenas, os que xa non soportan por máis tempo o encerro no nada, exercen unha e outra vez unha estratexia de loita e resistencia baixo a palabra retomada. Familias que saen da reserva e se arriscan a construír a súa barraca nun territorio oficialmente xa entregado aos propietarios pero que aínda se mantén improdutivo. É unha guerra desigual, a que enfronta a forza á resiliencia. Os ataques nocturnos sucédense. A segurança dos terratenentes planta lume e destrúe as súas chozas de madeira e lonas, róuballes as súas escasas pertenzas e, o que é aínda máis grave, arrebátalles e destrúe os seus documentos para deixalos oficialmente sen identidade. Nada os para. Nin aos agresores nin aos guaranís que, unha e outra vez, reconstrúen as súas barracas, sabedores de que o éxito non está no tempo de permanencia en liberdade, senón na filosofía que subxace e alimenta esa resistencia. Retomar o que é de seu, pacificamente

Máis

Hora

(Venres) 17:00 - 17:30(GMT+02:00)

Localización

Carpa central

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *