xuño, 2022

09xun13:00Charla: Rede Acolle e o Sistema Estatal de acollida e integración de beneficiarios de Protección InternacionalEcos do Sur13:00 Salón de Actos do Kiosco Alfonso

Detalles do evento

Rede Acolle e o Sistema Estatal de acollida e integración de beneficiarios de Protección Internacional

Nos últimos meses, as consecuencias humanas de eventos como a guerra en Ucraína ou a retirada dos países occidentais de Afganistán volven dirixir a solidariedade social ás persoas desprazadas que solicitan asilo e outras formas de protección no noso país. Pero, como se organiza a acollida destas persoas en España?

Se queres coñecer máis sobre o sistema estatal de acollida integral e integración de solicitantes de asilo, refuxiados, apátridas, persoas acollidas ao réxime de protección temporal e outros estatutos de protección subsidiaria, acompáñanos nesta presentación.

Contarémosche como funciona o sistema de acollida e falarémosche sobre a función que nel desempeñan organizacións do terceiro sector como Ecos do Sur e o resto de entidades que forman parte da Federación Rede Acolle.

http://www.ecosdosur.org/

Máis

Hora

(Xoves) 13:00

Localización

Salón de Actos do Kiosco Alfonso

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

X