Anna Surinyach

xov20xuñTodo o díaxov25xul(Todo o día)(GMT+02:00) Anna SurinyachElas tamén #theytooSala de Exposicións Salvador de Madariaga

Detalles do evento

Unha barcaza navega á deriva no mar Mediterráneo. Hai máis de 140 persoas hacinadas. Óense voces femininas, pero só ven homes. Preguntamos por elas. Eles non contestan. Gritamos: onde están? Seguen sen responder. Ata que empezan a apartarse e vemos, debaixo deles, 60 mulleres sentadas coa cabeza gacha. Algunhas viaxan con nenos, outras están embarazadas. Viaxan esmagadas e no peor lugar da barcaza: á beira do motor. Se non preguntásemos, non as veriamos ata o final. Elas son quen máis sofren, quen máis loitan, pero a miúdo as súas historias son invisibles.

Autor

Anna Surinyach

Son unha fotoperiodista española freelance especializada en temas de migración, refuxiados e dereitos humanos con sede en Barcelona.

Na última década estiven cubrindo África, Asia e América do Sur e aumentando os meus coñecementos sobre as migracións globais, así como sobre a saúde e as crises humanitarias. Estiven traballando como fotógrafa para Médicos Sen Fronteiras durante 6 anos.

Na actualidade son fotógrafa freelance e editora de fotografía da Revista 5W.

http://www.annasurinyach.com

Hora

Xuño 20 (Xoves) - Xullo 25 (Xoves)(GMT+02:00)

Localización

Sala de Exposicións Salvador de Madariaga

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *