xuño, 2022

11xun13:30ACTUACIÓN MUSICAL: Grupo DonaireAsociación Cultural Donaire13:30 Carpa central

Detalles do evento

Asociación Cultural Donaire

Créase na cidade da Coruña no ano 2000, co obxectivo de recuperar, promover e difundir unha importante parcela da nosa cultura tradicional como é o folclore galego.

Conta cunha escola na que se imparten clases de canto e baile, así como instrumentos que tradicionalmente foron utilizados no seu acompañamento, como a gaita, pandeireta, tamboril, bombos, pandeiras e outros instrumentos de percusión menores. Tamén conta cun grupo composto por xoves que, tras anos na escola, amosan nas actuacións o donaire, riqueza e variedade da nosa música e a nosa danza popular, conservando e difundindo o legado cultural que lles transmitiron os seus maiores.

Todas as pezas presentadas, tanto musicais como as de baile, foron seleccionadas logo dun intenso labor de recolleita etnográfica de campo pola xeografía galega, mantendo fielmente as características da súa interpretación. Complétase a actuación con distintos vestiarios acordes a ela.

Aínda que se trata dunha asociación moi nova, a ilusión e dedicación que achegan os seus membros logrou o obxectivo de promover e difundir o noso folclore en multitude de lugares a través da participación en numerosos festivais folclóricos, non só da xeografía galega, senón tamén noutras comunidades ou países, entre os que destacan Francia, Portugal ou Suíza.

Ademais, as múltiples intervencións en televisión e colaboracións con grupos como Berrogüetto, Milladoiro, Quempallou, Pablo Seoane Grupo, Tic Tac de Pablo Díaz, actuacións en todas as provincias galegas e ducias de premios nos concursos polos que pasaron, amosan a valía da asociación.

No ano 2002 gravouse o disco Cantos vellos para rapaces novos en colaboración coa A. C. Santa María de Torás, co que as pezas seleccionadas acadaron unha maior difusión. No 2007 presentouse unha segunda gravación, esta vez en solitario, Dálle Donaire ao corpo, elaborada nos Estudios Mans e coa colaboración da Deputación Provincial e a Fundación Paideia. No 2011 presentouse en DVD Dez anos con Donaire, no que se recolle a gala do X Aniversario da asociación no emblemático Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Máis

Hora

(Sábado) 13:30

Localización

Carpa central

Enviar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

X