Encontro

Crise humanitaria no Mediterraneo: “legalidade e realidade” na crise das persoas refuxiadas no Mediterráneo.

Jorge explícanos desde o punto de vista legal e do dereito internacional e europeo: Que é unha persoa Refuxiada; quen ten dereito ao Asilo Territorial; que significa o principio de Non devolución; como opera Frontex nos rescates no mar mediterráneo; como inflúe o control das fronteiras nos estados; existe algunha obrigación legal de rescatar a alguén que está en perigo no mar…

Noelia. Nos 2015 Médicos Sen Fronteiras pon en marcha a operación de rescate con barcos no mediterráneo con tres barcos coordinados co centro marítimo de control en Roma. Ela estivo no barco “Dignity” a 30 millas da costa de Libia nas augas internacionais dedicado ao rescate de barcos (con 700 ocupantes) e lanchas ou pateras (con 120 ocupantes) en perigo. A xente que vén nas lanchas adoita estar unha media de 12 horas no mar e a maioría dos seus ocupantes non sabe nadar. Eles non entenden quen é os barcos que están a lles rescatar, de que países son e se son traficantes ou veñen axudarlles. Cóntanos a súa experiencia coas persoas nos rescates, cales son as súas causas, en que condicións físicas e psicolóxicas chegan e que se demanda desde MSF.

17 de Xuño de 2017