Acampa, Por la paz y el derecho a refugio
logo_a_bDiario recibimos informacións de acontecementos graves que nos impactan: guerras, fame, escravitude, paro, violencia, exclusión… que provocan o éxodo de millóns de persoas. Seres humanos que foxen da dor, o sufrimento e a morte, buscando refuxio.
Somos moitas as persoas que queremos actuar pero non sempre sabemos como. Con esta intención nace   Acampa
Acampa

Manifiesto: REFUXIADAS

Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio nace no ano 2016 co obxectivo claro de tecer unha rede: un movemento de organizacións, persoas e cidades que sumen as súas forzas para defender os dereitos humanos.

Xa van alá máis de setenta anos desde a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e, lamentablemente, estamos lonxe de lograr a súa aplicación universal, sobre todo cando falamos de mulleres e con especial gravidade se nos referimos a mulleres desprazadas ou refuxiadas.

Por decisión das organizacións que conformamos a rede Acampa, este ano poñemos o foco especialmente nas REFUXIADAS.

Desde o seu lugar de orixe, cada día, cada minuto, miles de mulleres vense obrigadas a desprazarse por diferentes motivos: guerra, raza, violencia sexual, fame, seca, falta de traballo, persecución política… Detrás, sempre a mesma causa: un sistema capitalista, patriarcal e agresivo, que estimula a acumulación de riqueza nunhas poucas mans e que transmite á sociedade esa dinámica perversa.

Todas as razóns para emprender o camiño son poderosas. Foxen desesperadas, desmoralizadas, agredidas. Coas familias, cos fillos e fillas; salvo que a viaxe sexa demasiado perigosa como para arriscar a vida dos seus seres máis queridos, entón viaxan soas.

Para todas as persoas desprazadas e sen grandes recursos, o camiño é difícil e perigoso. Para os máis de 32 millóns de mulleres desprazadas, moito máis. Mentres escribo este texto, elas continúan camiñando. Durante a súa viaxe están expostas a pasar fame, sede, esgotamento, a ser vítimas de agresións sexuais; carecen de atención médica, de anticonceptivos, de lugar seguro para parir os seus bebés, de intimidade, de hixiene.

Elas non son diferentes a calquera outra muller no mundo.

Mozas europeas que gozan de máis dereitos e apoio familiar tamén están obrigadas en moitas ocasións a desprazarse en busca dun traballo digno. Móvense polo mundo sen demasiados problemas e iso parécenos normal e un dereito indiscutible, como é lóxico. Pero se as desprazadas son pobres e cunha cor de pel diferente, os gobernos da Unión Europea péchanlles as portas, fanas invisibles e déixanas morrer no camiño ou no mar; violan o dereito internacional de socorro, impedíndolles aos barcos de organizacións que forman parte da rede Acampa —como Proactiva Open Arms ou o Aita Mari de Salvamento Marítimo Humanitario— partir para as súas misións de salvamento e realizaren voluntariamente o traballo que deberían facer os Estados.

As desprazadas sen recursos que conseguen chegar a un destino seguro sufrirán en moitos casos o rexeitamento, a xenofobia, agresións sexuais, explotación; enfrontaranse a unha sociedade polarizada e cunha opinión pública desconcertada e manipulada con tanta desinformación. As redes sociais, os grandes medios de comunicación e, especialmente, a televisión, controlados por corporacións financeiras e co apoio dos seus representantes parlamentarios, teñen unha gran responsabilidade na irrupción de opcións políticas de ideoloxía fascista e no retroceso democrático e dos dereitos humanos.

Pero esas mulleres tamén atoparán a solidariedade dunha gran parte da sociedade, consciente de que este planeta debe ser de todas as persoas que viven nel ou non será viable. Para iso construímos cada día Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio.

Acampa 2019

Programa Acampa Coruña 2019

20, 21 e 22 de Xuño

logo_acampa-t_rj

É unha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucións e empresas con responsabilidade social.

logo_acampa-t_rj

Ten como obxectivo a defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio. Promove a participación e a implicación.

logo_acampa-t_rj

Abre un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente. Profunda nas causas dos acontecementos, para contrastar a información.

Acampa é un movemento que pretende crear unha rede de información, de intercambio de ideas e iniciativas na que participan preto de 60 organizacións, fundamentalmente ONGs; tamén hai sindicatos, partidos e moitas persoas que pensan que a unidade e o traballo conxunto son necesarios para transformar as cousas que non nos gustan.
Podemos participar como expresión de compromiso coa paz e o dereito a refuxio.

Acampa 2019

A Coruña, do 20 ao 22 de Xuño de 2019

Acampa 2018

A Coruña, do 14 ao 16 de Xuño de 2018

Acampa 2017

A Coruña, del 15 al 18 de Junio de 2017

Vindeiros eventos

4 Decembro, 2020
  • Espolio e dereito a Refuxio

    12 Novembro, 2020 - 15 Decembro, 2020 | 
    Cantón Grande - Xardíns de Mendez Nuñez - Ver en el mapa

    Esposición de Fotografia Colectiva na Rua.

    ESPOLIO. Con esta mostra, a rede Acampa pola paz e o  Dereito a  Refuxio abre unha xanela virtual a uns cuantos escenarios nos que o roubo dos recursos xera sufrimento humano e danos ambientais irrecuperables. Agresións non só á paisaxe ou á biodiversidade senón tamén aos habitantes de centos de comunidades que, arrasados os seus territorios e perseguidos por defender a súa terra e o seu legado convértense, de facto, en refuxiados sen refuxio.

    A escravitude do século XXI que o consumo disparado de tecnoloxía instaurou nas minas de coltán na  R.D. do Congo ou nas de Xade en Colombia. A pobreza e a morte que o agronegocio, os usos da auga dos ríos ou a extracción dos minerais das entrañas das súas terras impón ás comunidades indíxenas de toda América Latina. Aquí están, por exemplo, os 80.000 incendios intencionados rexistrados na  Amazonía brasileira en 2019. Ou a loita digna mantida polos pobos indíxenas contra o saqueo. Tamén a enfermidade e a dor que o uso de herbicidas tóxicos sementou na Arxentina rural. A desfeita que as grandes petroleiras causan no delta do Níxer. Ou o abandono por décadas en que se deixou ao pobo  saharauí, literalmente sen terra e sen futuro. E mesmo un exemplo moito máis próximo, o do espolio do potencial industrial de Galicia co anunciado peche da aluminera Alcoa.

    Estas son algunhas das olladas ás que Espolio convídanos. O movemento Acampa ten un obxectivo e non se agocha: a reflexión e a acción colectiva. Só unha sociedade formada e informada ten conciencia crítica. Asómate connosco a estes escenarios de desolación. E actúa. O compromiso individual é só unha peza, pero imprescindible, na conformación dunha voz colectiva contra o abuso. Sumate á rede Acampa.

    ------ @@@ ------

    Deforestación amazónica
    Victor Moriyama

    Loita Indíxena
        Clara Belchior
        Tiago Miotto
        Chistian Braga

    O custo humano dos agrotóxicos
        Pablo E. Piovano

    Coltán - Coltán - Coltán
        Judith Prat

    Os dous lados do muro
        Luís de Vega

    Refinerías do Delta Bush
        Akintunde Akinleye

    Terra Verde
        Javier Corso

    Alcoa, Espolio en Galicia
        Vanesa Casteleiro
        Sandra García Rey

                                                                                          Acampa Novembro 2020

5 Decembro, 2020

Logo Acampa É un encontro cidadán activo no que contamos coa participación das persoas protagonistas, das vítimas, Ong, xornalistas; proxeccións, fotografía, música, teatro, pallasos, eventos artísticos de todo tipo. Tamén visitas guiadas para saber como é un campo de persoas refuxiadas, para entender mellor as verdadeiras causas da guerra.

Quen pode participar?

Acampa facilita a participación cidadá, cada persoa achega a súa enerxía, a súa capacidade e a súa opinión xunto con: Ong, asociacións, organizacións políticas, sindicatos, institucións, grupos informais, empresas con responsabilidade social, colectivos profesionais, etc.

¿Cómo podes participar activamente?

Facendo música, teatro, fotografía, cinema, humor, poesía… Se tes algunha habilidade coa que queiras participar ou se tes algunha idea que propoñer, NON O DUBIDES, APÚNTATE!
Podes colaborar cunha axuda económica, que será empregada para apoiar os intereses e necesidades das persoas refuxiadas, na conta ES46 1491 0001 2530 0007 7549
This error message is only visible to WordPress admins

Error: No connected account.

Please go to the Instagram Feed settings page to connect an account.

X